A MISIÓN de Fegadem consiste en promover o movemento social e asociativo da esclerose múltiple (EM de aquí en diante) e outras enfermidades neurodexenerativas, desenvolvendo unha acción institucional en defensa dos dereitos e intereses das persoas afectadas de EM, as súas familias e/ou referentes, actuando desde unha perspectiva global tanto como interlocutor como referente do sector, ante os poderes públicos, as entidades do terceiro sector, a empresa privada, os medios de comunicación e a sociedade na súa globalidade. Débeo facer favorecendo as relacións e creando redes e sinerxías mediante propostas construtivas, articuladas e contrastadas tecnicamente dando resposta tanto ás necesidades como ás demandas do grupo de poboación que representa.
Todo isto baixo a convicción da creación dunha base de sustento sólida que manteña o proxecto das entidades que teñen como obxectivo final promover a consecución dunha calidade de vida das persoas afectadas de EM, as súas familias ou persoas de referencia.
Fegadem ten a VISIÓN de futuro, de converterse nun instrumento de representación dun proxecto coordinado entre todos os sectores implicados na atención deste colectivo, efectivo e eficiente coa realidade da enfermidade e as súas repercusións sanitarias e sociais, eticamente responsable desde a moral e os valores da inclusión dun colectivo con necesidades especiais, baseado na igualdade e solidariedade cunha repartición equitativa en igualdade de condicións e dando resposta ás necesidades e demandas do colectivo que representa. Só pretende desde o realismo cumprir coa súa finalidade, os seus fins, e converter a súa misión nunha realidade.
Fegadem, defínese como unha entidade sen ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario. Os seus VALORES podémolos definir como:
PARA AS PERSOAS AFECTADAS DE ESCLEROSE MÚLTIPLE:
- Dignificación. Certas situacións de vulnerabilidade en determinados colectivos fan necesaria que as persoas nalgún momento, precisen de ferramentas para valerse por si mesmas, reforzar a capacidade de actuar de maneira responsable, e con respecto cara a si mesmo/a e cara aos demais defendendo en primeira instancia os seus propios dereitos.
- Identidade. Definir que a persoa con esclerose múltiple ten unhas características propias que a diferenza das demais persoas, non exime do dereito de ser recoñecida e identificada como unha persoa que forma parte dun conxunto social e por tanto a súa inclusión debe ser plena.
- Humanidade. A persoa é o referente, debe ser o foco de atención de calquera tipo de acción levada a cabo, tanto desde as entidades membro como da propia federación.
DE CARA ÁS ENTIDADES MEMBRO:
- Corresponsabilidade. As entidades membro forman parte dun proxecto común, acordado e transparente, que une criterios e posicións sobre onde está e cara onde quere camiñar a federación.
- Participación. As entidades que forman parte da federación deben participar do proxecto desta, para que os obxectivos que os unen sexan alcanzados para ambas as partes.
- Profesionalidade. O persoal das entidades membro responderá a criterios de intervención profesionais, responsables e éticos e morais que atendan aos seus respectivos códigos éticos profesionais como aos que as propias entidades poidan poñer en marcha.
DE CARA Á FEDERACIÓN:
- Defensa de dereitos das persoas. Como principio fundamental na acción para desenvolver.
- Solidariedade. Valor fundamental sobre o que fundamentamos o noso labor, poñendo todo énfase, a paixón e a ilusión, só esperando cumprir o fin último do noso existir.
- Transparencia. Render conta do que facemos, porque e como. Estar ao alcance das persoas afectadas, das súas familias e/ou referentes, do sector implicado e de toda a sociedade.
- Calidade. Eficacia e eficiencia nunha xestión baseada en modelos e procedementos dun bo facer.
- Profesionalidade. Dotar de persoal cualificado que lidere un proxecto coordinado, acordado e promotor dunha dinámica de traballo comprometida, implicada, e cunha cultura organizativa baseada na unidade e na coherencia.
- Democracia interna. Traballar desde o consenso, a horizontalidade e en definitiva a democracia entre as persoas membro da Xunta Directiva, utilizando os mecanismos precisos para favorecer a participación.
- Enfoque de xénero. Valor esencial para un modelo de xestión respectuoso e baseado na igualdade de condicións para todas as persoas.
- Mellora continua. Como proceso de avaliación constante na reformulación da xestión, e innovación ante unha realidade dinámica e cambiante.
CONSULTA O NOS PLAN ESTRATÉXICO ONDE RECOLLEMOS O PROCESO ATA CHEGAR Á DEFINICIÓN DA NOSA MISIÓN, VISIÓN E VALORES.