SéguEMe, EMociónate, compréndEMe, cando che digo que loitamos por ti

Programa centrado na visibilización, sensibilización e divulgación sobre a Esclerose Múltiple e FEGADEM.

Desde - Hasta: 01/01/2017 - Actualmente

Na nosa misión de mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple (EM) e fortalecer ás nosas asociacións membro, levamos a cabo o proxecto 'SéguEMe, EMociónate, compréndEMe cando che digo que loitamos por ti'. Este céntrase na divulgación e sensibilización da EM na poboación en xeral, co obxectivo de aumentar o coñecemento e a comprensión desta enfermidade.

A Importancia de Visibilizar

Visibilizar a EM é fundamental xa que permite aumentar o coñecemento xeral sobre ela, o que pode conducir a un diagnóstico máis temperán e a un mellor manexo da mesma. Tamén, ao sensibilizar á comunidade, redúcese o estigma asociado á EM, permitindo que as persoas se sintan máis comprendidas e apoiadas.

As iniciativas de divulgación fomentan unha maior empatía e solidaridade na comunidade. Compartir historias e experiencias de vida humaniza a EM e fai lembrar á sociedade que detrás de cada diagnóstico hai unha persoa con soños, desafíos e logros. Isto fortalece o tecido social e mobiliza recursos e apoio para as asociacións que traballan en favor das persoas con EM.

SéguEMe, EMociónate, compréndEMe cando che digo que loitamos por ti

Este proxecto representa o noso compromiso coa visibilización e sensibilización da Esclerose Múltiple. A través dunha serie de actividades buscamos aumentar o coñecemento sobre a EM e construír unha comunidade máis comprensiva e solidaria, así como fomentar os estudos e a investigación

As actividades do proxecto son: 

  • Programa de divulgación e sensibilización na EM. 

  • Creación do manifesto pola EM.

  • Realización de entrevistas escritas e en vídeo a persoas con EM. 

  • Campañas de sensibilización por redes sociais. 

  • Programas educativos en colexios e institutos de Santiago.

Con isto buscamos beneficiar principalmente ás persoas con EM e ás súas familias ao aumentar a visibilidade e comprensión da enfermidade, reducindo o estigma e promovendo unha contorna máis solidaria. Tamén apoiamos ás persoas próximas, proporcionándolles recursos para ofrecer un mellor apoio, e aos profesionais da saúde, fomentando unha mellor colaboración cos pacientes. Ademais, informamos á sociedade en xeral, promovendo unha comunidade máis inclusiva e consciente das necesidades das persoas con EM, fortalecendo ás asociacións de EM para que ofrezan bos servizos e programas ás súas persoas membro.