ComunícatEM

En FEGADEM pretendemos crear unha comunidade informada e sensibilizada na EM a través deste programa centrado na comunicación externa e interna da Federación.

Desde - Hasta: 01/01/2024 - Actualmente

A comunicación é esencial en calquera organización, pero cobra unha especial relevancia nas entidades dedicadas á saúde e o benestar, como é o caso de FEGADEM. No contexto da Esclerose Múltiple (EM), a comunicación convértese nunha ferramenta poderosa para mellorar a calidade de vida das persoas, aumentar a súa visibilidade e difundir información veraz e útil, fortalecendo tamén o tecido asociativo. 

Comunicación social: Conectar, Informar e Sensibilizar

A comunicación social ten o poder de conectar ás persoas e crear unha comunidade máis inclusiva e empática. Para as persoas con EM é fundamental saber que non están soas, que hai outras persoas que comprenden a súa situación e que existe un apoio constante. En FEGADEM proporcionamos información actualizada a través da nosa web e redes sociais e creamos un espazo onde as persoas poden compartir as súas experiencias, recibir apoio e sentirse parte dunha comunidade máis grande.

Divulgamos información veraz e práctica sobre a EM.

Nun mundo onde a desinformación pode difundirse facilmente, en FEGADEM comprometémonos a ofrecer contido rigoroso e útil que axude ás persoas a entender mellor a EM e a xestionar a súa vida cotiá con máis ferramentas e confianza. Esta información é valiosa para as persoas con EM e para as súas familias, amigos e a sociedade en xeral, promovendo unha maior sensibilización e comprensión sobre a EM.

ComunícatTEM

O noso programa de comunicación 'ComunícatEM' está deseñado para beneficiar tanto ás persoas con Esclerose Múltiple (EM) como ás nosas asociacións membroA nosa estratexia de comunicación foi creada para ter un impacto positivo na calidade de vida das persoas con EM. Ao centrarse na actualización de plataformas dixitais, a creación de materiais de difusión atractivos e accesibles, e a mellora da comunicación interna, FEGADEM está construíndo unha rede de apoio sólida e eficaz coas persoas interesadas e as asociacións membro.

As actividades de comunicación externa e interna facilitan o acceso a información e recursos útiles, así como xeran un sentido de pertenza e apoio comunitario. 

Algunhas das actividades do proxecto son:

  • Actualización e posta ao día da web e as redes sociais de FEGADEM.

  • Divulgación de información veraz e práctica sobre a EM. 

  • Actualización da documentación interna de FEGADEM.

  • Actualización dos estatutos de FEGADEM. 

  • Actualización e creación de materiais de difusión de FEGADEM.

  • Elaboración de vídeos divulgativos sobre a EM. 

Con estas actividades buscamos mellorar a divulgación e sensibilización sobre a EM, proporcionando recursos útiles e accesibles para toda a comunidade. Podes seguir parte deste proxecto nas redes sociais: InstagramFacebook e X