Cómo federarse?

Composición da Federación

A federación terá carácter aberto e poderán solicitar ser entidade membro aquelas que:

  • Están legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións, tras o acordo competente.
  • Non teñan débedas pendentes coa federación.
  • Que a patoloxía principal que representan sexa a esclerose múltiple e outras enfermidades neurodexenerativas.
  • Compartan a finalidade e os fins da federación.

AS ENTIDADES MEMBROS DA FEDERACIÓN PODEN SER:

Dentro da federación poderá existir a seguinte clasificación de entidade membro:

  • Fundadora: aquela entidade que subscribiu a acta fundacional.
  • Numeraria: aquela entidade que ingresa con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

ENTIDADES OU PERSOAS HONORÍFICAS

Serán consideradas entidades ou persoas honoríficas aquelas asociacións, organismos e/ou entidades ou persoas físicas que a xuízo da Asemblea Xeral Extraordinaria axuden de forma notable ao desenvolvemento dos fins da federación.
Poderán ser nomeadas entidades ou persoas honoríficas, tanto as entidades asociadas ou persoas membros das entidades asociadas da federación, como entidades ou persoas externas que favorecen o labor desta. Poderá ser revogado o nomeamento como entidade/s ou persoa/s honoríficas sempre que se incorra en accións que, a xuízo da Xunta Directiva, vaian en contra da finalidade e fins da federación e/ou incumpran os preceptos dos presentes estatutos. O acordo será ratificado en Asemblea Xeral Extraordinaria. O procedemento de nomeamento recollerase no RRI (Regulamento de Réxime interno) da federación.

AS NOSAS ENTIDADES TEÑEN UNHA SERIE DE  DEREIOS E OBRIGAS QUE PODERÁN REVISAR NOS NOSOS ESTATUTOS, ANTES DE DECIDIR SE QUERES FORMAR PARTE DA NOSA REDE DE ENTIDADES.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

O procedemento de admisión como entidade membro será regulado no  RRI da Federación, polo que poderás dirixirche ao mesmo para coñecer detalladamente o mesmo, pero para empezar explicámosche que:

1. A admisión como entidade asociada iniciarase pola parte interesada de maneira voluntaria.

2. O prazo de admisión estará aberto durante todo o ano.

3. O ingreso de entidades asociadas leva suxeito o cumprimento dos estatutos da federación así como o presente RRI en todas as súas implicacións, así como a normativa vixente que se lle atribúa.

4. Para ser aceptada como entidade membro ademais de cumprir os requisitos descritos nos estatutos, deberá cumprir como mínimo:

  • Ter capacidade xurídica plena.

  • Non estar suxeita a condición legal que o impida.

  • Teña autonomía recoñecida nos seus estatutos, con organización e goberno propio.

  • Que os seus socios/as o sexan na dita condición, por feito expreso de afiliación e identifiquen como tales.

  • Conten cunha estrutura democrática que permita o control do órgano executivo e/ou directivo por parte dos/as socios/as.

5. Teña por finalidade, obxectivo e fins a atención, apoio, investigación, promoción, rehabilitación integral, difusión e defensa das persoas afectadas de esclerose múltiple e outras enfermidades neurodexenerativas.

6. Están suxeitas a admisión todas as entidades tanto numerarias como entidades ou persoas honorífica.

Inicio do procedemento

No caso das entidades numerarias,  o procedemento iniciarase por parte da entidade interesada, a través dun escrito a nome da Xunta Directiva de FEGADEM onde se indicará:

• Nome da entidade, CIF, domicilio fiscal e/ou social, teléfono ou medio de contacto.
• Nome da persoa que representa legalmente á entidade e DNI.
• O motivo da solicitude.
• Lugar e data de emisión do escrito.
• Debidamente asinada e selada.

Acompañarase da seguinte documentación:

a) Copia do CIF da entidade solicitante.
b) Copia da acta fundacional da entidade solicitante.
c) Copia autorizada dos estatutos correspondentes e da resolución legal que os aprobe.
d) Certificado asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/a presidente/a que conteña: a composición do órgano executivo e/ou directivo, o número de persoas socias inscritas na asociación solicitante a día da data da solicitude e o acordo de Asemblea, no que, maniféstese que queren integrarse en FEGADEM.
e) Memoria das actividades do último exercicio e programa de actividades do exercicio en curso.
f) Balance económico do ano anterior e orzamentos xerais de ingresos e gastos do ano en que se realiza a petición de admisión.

No caso de entidades ou persoas honoríficas, só presentarán a copia do CIF, e/ou DNI respectivamente.
A xunta directiva poderá solicitar a ampliación da documentación que considere necesaria.

A documentación deberá ser remitida aos datos de contacto de  FEGADEM que poderás velos aquí.

PERDA DA CONDICIÓN DE ENTIDADE MEMBRO

Ademais das previstas na lexislación vixente, a condición de entidade asociada perderase nos seguintes supostos:

  • Por vontade propia, sempre que se atope ao corrente das súas obrigas económicas.
  • Por extinción da entidade xurídica, desde que a extinción se produza.
  • Por falta de pago dunha cota, por incumprimento das súas obrigas dos presentes estatutos e ou do RRI, ou realización de accións que prexudiquen gravemente a imaxe e os intereses da federación.

O procedemento de comunicación e proceso de baixa de cada unha delas será descrito no RRI da federación.