Outros colaboradores

A nosa Federación ademais de recibir financiamento por parte tanto da administración pública como privada, recibe outro tipo de colaboracións que en igual medida axudan a desenvolver a actividade normal de  FEGADEM.

 

CONSELLO ASESOR DO PACIENTE. SERVIZO GALEGO DE SANIDADE. CONSELLERÍA DE SANIDADE.

Ademais de formar parte do mesmo desde 2014, en reunións e colaboracións puntuais,durante este 2017 participamos en:

  • Código 100, Taller de ideas innovadoras.
  • Plan de Humanización. Membros do grupo de traballo.
  • Reunións informativas.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

En 2014 tivemos o pracer de asinar un convenio por valor de 6.500€ para levar a cabo as I Xornadas de Esclerose Múltiple en Galicia.

Actualmente, mantéñense reunións de coordinación, información, negociación e colaboracións puntuais como a súa presenza no I Foro de Esclerose Múltiple de Galicia celebrado en maio de 2017.

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

En 2017 comezáronse a estreitar redes de colaboración.Apoian o labor da Federación e están dispostos/ as a colaborar de maneira técnica e material cando o consideremos necesario, a través do uso da súa imprenta.

SOCIEDADE GALEGA DE  NEUROLOXÍA

Durante 2017 asínase un convenio de colaboración coa Sociedade, co fin de estreitar lazos, compartir coñecementos e ofrecer un apoio ao labor que ambas entidades levan a cabo en relación á  EM.

Pode lerse o convenio como documento adxunto nesta páxina ou descargalo da seguinte ligazón

COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

En xullo de 2018 asínase un convenio marco de colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  que busca poñer en marchar medidas e puntos de defensa comúns, así como para a elaboración dunha guía sobre a abordaxe da Esclerose Múltiple 

COLEXIO OFICIAL DE TERAPEUTAS OCUPACIONAIS DE GALICIA

En xullo de 2018 asínase un convenio marco de colaboración co Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia que busca poñer en marchar medidas e puntos de defensa comúns, así como para a elaboración dunha guía sobre a abordaxe da Esclerose Múltiple 

COLEXIO OFICIAL DE FISIOTERAPEUTAS DE GALICIA

En xullo de 2018 asínase un convenio marco de colaboración co Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia  que busca poñer en marchar medidas e puntos de defensa comúns, así como para a elaboración dunha guía sobre a abordaxe da Esclerose Múltiple 

COLEXIO OFICIAL DE LOGOPEDAS DE GALICIA

En setembro de 2018 asínase un convenio marco de colaboración co Colexio Oficial de Logopedas de Galicia  que busca poñer en marchar medidas e puntos de defensa comúns, así como para a elaboración dunha guía sobre a abordaxe da Esclerose Múltiple 

ç

COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA

En outubro de 2018 asínase un convenio marco de colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia  que busca poñer en marchar medidas e puntos de defensa comúns, así como para a elaboración dunha guía sobre a abordaxe da Esclerose Múltiple