Calidade de vida e cifras de EM

A esclerose múltiple (EM) é unha enfermidade crónica do sistema nervioso central (SNC) para a que na actualidade non se dispón de tratamento curativo. No mundo padecena alrededor de 2,8 millóns de persoas, en Europa cerca de 1.300.000 e en España unhas 55.000. Galicia é unha área ca prevalencia mais alta de España y cunha incidencia anual algo superior a 8 pacientes por cada 100.000 habitantes, o que supón que debe haber alrededor de 4.500 persoas afectadas e que se diagnostican a uns 19 pacientes novos cada mes.

O desenvolvemento particular que ten a EM e a diversidade de síntomas que leva, poden convertela nunha enfermidade que altera significativamente o día a día de quen a padece, e tamén lle afecta ao círculo que rodea o paciente. Certo é que a calidade de vida das persoas afectadas mellorou nos últimos anos grazas ao diagnóstico precoz da enfermidade e aos novos tratamentos destinados a modificar o curso da patoloxía.  

Aínda así, A EM pode alterar a calidade de vida das persoas. Pódeo facer en varios sentidos: desde o simple feito de que o paciente deberá visitar con máis frecuencia a médicos e especialistas ata actividades que, ás veces, non poderá realizar por mor dalgúns síntomas. O tratamento, combinado cun bo coñecemento da enfermidade e unha planificación coidadosa, poden contribuír a unha vida máis agradable.

A deterioración cognitiva e da saúde do cerebro é un tema que ocupa e preocupa aos pacientes que conviven coa EM e nas súas mans está traballar por manter o cerebro o máis saudable posible. Manter unha estilo de vida saudable e positivo para o noso cerebro, tendo en conta á nosa nova compañeira de vida, é clave para o futuro dos pacientes.

Certo é que a incerteza sempre fai acto de presenza e ninguén lle pode asegurar ao paciente como vai estar dentro dun mes ou dez anos. Pero a persoa afectada si que pode preocuparse e involucrarse para que, a pesar desa incerteza, a súa calidade de vida mellore ou non empeore. É por iso que, a maiores do tratamento farmacolóxico, os afectados deben preocuparse polo día a día e ter en conta á súa nova compañeira de vida. O tabaco, o alcol, o sobrepeso… hai factores que inflúen no devir da enfermidade e que nas súas mans está evitalos.

A iniciativa para a saúde do cerebro na esclerose múltiple (MS Brain Health) recomenda seis pasos positivos que hai que ter en conta para manter o cerebro o máis saudable posible: manterse o máis activo posible, manter o peso controlado, manter a mente activa, evitar o tabaco e o consumo excesivo de alcol e seguir con detalle a adherencia ao tratamento farmacolóxico.

Aínda que a día de hoxe se segue asociando a EM á cadeira de rodas e aos grandes afectados, cada vez son máis os pacientes que ven mellorada a súa calidade de vida grazas ao tratamento farmacolóxico e rehabilitador. Agora, os pacientes con EM poden realizar grandes retos que ata hai poucos anos parecían impensables.