Estatutos e Regulamento de Réxime Interno

Para a federación el 2017 supuxo unha revelación ante a realidade coa que se debía enfrontar. Para iso necesitamos ter unhas bases sólidas onde fundamentar o noso traballo. Como nos organizamos e relacionamos é tan importante como o que facemos, posto que tanto unha cousa como a outra vai parella se o que se pretende é mellorar a calidade de vida das persoas.

Por Asemblea Extraordinaria neste 2017 aprobouse a revisión dos nosos estatutos, reformulados, renovados, discutidos e consensuados por todas as persoas que temos a representación e que formamos parte desta federación.

Ademais, establecemos as bases para a creación dun Regulamento de Réxime Interno, co fin de regular o noso día a día, e dar consistencia formal aos procedementos e procesos dentro da entidade. Supón un documento dinámico, debido a que é a súa primeira edición e pretende adaptarse ás necesidades das persoas e/ou entidades que implica. 

No ano 2024, a Asemblea volveu reunirse para aprobar uns novos Estatutos modificados e actualizados.

Poden ser consultados nesta páxina como documentos axuntos ou na seguinte ligazón.