Ás veces, non somos o suficientemente conscientes das oportunidades que nos dá a vida de facer algo que poida, de maneira exponencial, cambiar a calidade de vida das persoas. As nosas entidades atópanse diariamente con realidades que non son capaces de abordar na súa globalidade, posto que os recursos son insuficientes.
A través do testamento solidario é posible incluír no teu testamento a unha ou varias ONG, sen prexudicar os teus herdeiros lexítimos.
Para entendelo ímoscho explicar da seguinte maneira:
A herdanza divídese en tres partes:
- A lexítima estrita: vai destinada aos herdeiros forzosos (habitualmente, repartida a partes iguais entre os fillos).
- O terzo de mellora: repártese como se desexe entre fillos e descendentes, non necesariamente a partes iguais.
- E o terzo de libre disposición: o testador pode deixar a quen queira, sexa familiar ou non. Poden ser persoas físicas ou xurídicas e nisto inclúese ás entidades sen ánimo de lucro. Sobre esta parte pódese decidir con liberdade.
Polo que, se che apetece, podes deixarnos parte do teu legado para contribuír nos programas das nosas entidades membro e garantir unha mellor calidade vida das persoas con EM.