En FEGADEM, de maneira anual, elaboramos unha memoria coas actividades relacionadas co traballo levado a cabo durante o ano. Son testemuños dos compromisos adquiridos no momento en que a Federación se creou e decidiu dar resposta ás necesidades do colectivo de persoas con EM. Non só recolle o noso traballo, senón todo o traballo das entidades membro, debido a que sen elas non poderiamos cumprir a nosa finalidade principal.
Tal como ordena a norma, tamén son publicadas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, polo que poden ser descargadas nesta plataforma e na nosa páxina web.
Nós poñemos a disposición a memoria do ano anterior, pero se alguén necesita doutros anos pode solicitalo por correo.