A federación durante o 2017 levo a cabo un proceso de reflexión sobre a súa razón de ser, existir, estar e participar socialmente en defensa das persoas afectadas de EM, os seus familiares e/ou referentes.
Para iso elaborou un plan onde se recollen dúas cuestións esenciais no proceso:
- A base reflexiva e filosófica de si mesma e concluír na definición da súa misión, visión, valores, e análises de DAFO.
- A parte operativa onde establece como vai conseguir os seus obxectivos e lograr cumprir a súa finalidade como federación.
Ademais poderás consulta a descrición do Programa Integral de xestión, visibilización e sensibilización da esclerose múltiple, onde se recolle unha breve descrición da súa configuración como resultado do Plan estratéxico e obxectivos estratéxicos.
Os documentos completos poden ser consultados nesta mesma páxina como documento axunto ou na seguinte ligazón.