A Esclerose Múltiple (EM) afecta a miles de persoas en Galicia, cambiando as súas vidas e as das súas familias. En FEGADEM traballamos para ofrecer asesoramento, divulgar información útil e sensibilizar á sociedade sobre a EM. A nosa labor depende en gran medida do apoio e a solidariedade de persoas coma ti, comprometidas coa causa.
Coa túa doazón, podemos asegurar que as nosas iniciativas sigan chegando a máis persoas, creando unha comunidade máis informada, solidaria e comprensiva. O teu apoio tamén nos permite axudar ás persoas e familias con EM a navegar os desafíos en todas as etapas da enfermidade con información e recursos fiables. A túa contribución tamén fortalece ás nosas asociacións membro, que prestan servizos esenciais e de calidade ás persoas con EM e ás súas familias. Estes servizos inclúen terapias rehabilitadoras, apoio psicolóxico e programas de acompañamento, todos eles fundamentais para mellorar a calidade de vida e promover a autonomía.
Únete á nosa causa! A través da túa doazón, xuntos podemos marcar unha diferenza significativa nas vidas das persoas con Esclerose Múltiple en Galicia. O teu apoio é fundamental para continuar a nosa misión. Contamos contigo para construír un futuro mellor para todas as persoas!