FEGADEM, durante o 2017 reformulase como entidade, dando forma a uns novos estatutos modificados substancialmente e configurando unha nova visión de que órganos deben ser os que represente realmente a entidade.
En virtude de estes novos estatutos establécese que:
Os órganos de goberno e representación polos que se rexerá a federación serán os seguintes:
- Asemblea Xeral
- Xunta Directiva
- Comisión Executiva
Os órganos de participación serán: Todas aquelas comisións ou grupos de traballo que se crean para un mellor funcionamento e cumprimento dos fins da federación.
A ASEMBLEA XERAL é o órgano de expresión da vontade da federación e estará formada por:
- As entidades fundacionais e numerarias en primeira instancia,
- Entidades e/ou persoas honoríficas.
Á Asemblea reunirase como mínimo unha vez ao ano de carácter ordinario, (nos primeiros 4 meses do ano), e de maneira extraordinaria tantas veces como sexa preciso.
A XUNTA DIRECTIVA é o representante legal da federación ao que lle corresponden as funcións de dirección, xestión, supervisión, control e representación.
A Xunta Directiva deberá levar a cabo reunións de coordinación e traballo que garantan o cumprimento das súas funcións. Para iso deberá reunirse como mínimo cada tres meses.
Os cargos que representan a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito para ser reembolsados os gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer as actuacións relacionadas coa federación. As persoas elixidas para os cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola federación. A composición da Xunta Directiva estará integrada cun mínimo dunha persoa por entidade membro e un máximo de dúas persoas por entidade membro, poderá neste último caso ter un só cargo de representación.
Se queeres coñecer máis sobre quen configura a Federación consulta a nosa páxina de Equipo FEGADEM.