Normas reguladoras e leis de aplicación

A Federación Galega de Esclerose Múltiple, pola súa condición de asociación está regulada en primeira instancia por:

  • Constitución española: Artigo 22.
  • Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, (BOE do 26 de marzo de 2002).
  • Real decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións.
  • Calquera outra norma de aplicación.

Tamén son obxecto de aplicación as normas que regulan os dereitos dos/as traballadores/as que teñan ao seu cargo, as obrigas tributarias, fiscais e de calquera índole de aplicación, así como  a normativa referida á protección de datos e de transparencia.

Pero ademais ela mesma autoregularase a través dos seus Estatutos, Regulamento de réxime interno e todas aquelas normas que considere de creación e aplicación.