Para as entidades socias

As nosas entidades socias son piares fundamentais na nosa sociedade, nos como Federación queremos analizalo como un elemento de coordinación e de colaboración para mellorar a atención. Consideramos imprescindible crear lazos de conexión e traballo cooperativo coas entidades, crear equipo de traballo e ofrecer a través da Federación unha voz en defensa dos seus dereitos e das persoas que representan.

Sensibilización e visibilización da Em

A Federación pretende que as entidades socias teñan a súa proxección social e un referente representativo do colectivo a nivel autonómico.

Divulgación e comunicación

“O que non está nos medios non existe, non se ve, e polo tanto, non se sabe nin se comparte”

Captación de recursos e convenios de colaboración

A federación loita por conseguir financiamento para manter os servizos mínimos de atención desde unha perspectiva integral, e dotar ademais de recursos que favorezan o labor propio do asociacionismo.

Administración e xestión da Federación

A Federación ofrece soporte de información e asesoramiento en cuestións de administración, xestión e resolución de consultas deribadas do normal funcionamiento.