Divulgación e comunicación

“O que non está nos medios non existe, non se ve, e polo tanto, non se sabe nin se comparte”

Desde - Hasta: 01/01/2017 - Actualmente

 

Desde esta premisa fundamentamos a necesidade de estar presentes nos medios de comunicación e poder difundir o noso labor, así como  a das entidades membro e darlle a coñecer a realidade da patoloxía á sociedade a nivel xeral.

Ademais desta presenza nos medios, tamén pretendemos ter un recoñecemento mediante publicacións de rigor e con contidos fundamentados na investigación e no estudo da patoloxía, da poboación afectada, das necesidades e dos condicionantes que determinan cales poden ser as mellores formas de convivir, intervir e manter a mellor calidade de vida. Entre as funcións básicas desta área serían:

  • Mantemento da imaxe corporativa da federación.
  • Difusión de información de interese para o colectivo, dinamizando a páxina web, facebook e twitter.
  • Dinamización da comunicación interna e externa da federación.
  • Creación de material de difusión, información e formación sobre a patoloxía, o labor das entidades membro e da propia federación.