Atención física e/ou funcional

Fisioterapia: Rehabilitación e mantemento físico e funcional.

Desde - Hasta: 01/01/2017 - Actualmente

O seu labor vai encamiñado a manter o máximo posible a independencia e funcionalidade da persoa para as AVD:

• Realizar un tratamento individual e específico deseñado para cada persoa usuaria co fin de actuar sobre os problemas principais nas distintas patoloxías.
• Ofertar tratamentos grupais para traballar os síntomas máis comúns coas persoas usuarias que non requiren dunha atención individualizada.
• Formar as/os coidadores para previr lesións musculares derivadas dos coidados prestados.

Este servizo ou programa execútase actualmente en: A.C.E.M., AVEMPO, ALUCEM, AODEM.