Das nosas entidades para persoas afectadas e a súa contorna

Diriximonos ao colectivo de persoas afectadas de EM e outras enfermidades neurodexenerativas, e as súas familias e ou referentes, que evoluciona de maneira progresiva, e cada día require de unha atención de maior calidade. O noso principal obxectivo e conseguir Programas de Rehabilitación Integrais, que contemple a persoa dende unha dimensión integral, a nivel funcional, cognitivo e social. Avanzar na investigación para descubrir a raíz da enfermidade e contribuír en que os tratamentos farmacolóxicos e de rehabilitación faciliten a inclusión da persoa na vida social.

Atención social

Traballo social: Información, asesoramento, atención social, laboral e persoal.

Atención psicolóxica

Psicoloxía clínica: Rehabilitación e mantemento cognitivo e conductual.

Atención física e/ou funcional

Fisioterapia: Rehabilitación e mantemento físico e funcional.

Atención das Actividades básicas da vida diaria

Terapia ocupacional: Entrenamento das actividades da vida diaria e obradoiros ocupacionais.

Atención da linguaxe e a comunicación

Logopedia: entrenamento e rehabilitación da linguaxe e a comunicación.

Transporte adaptado

Servizo de acceso ás instalacións das asociacións cando carecen dos medios preciso para iso.

Asesoría xurídica

Defensa dos nosos dereitos como pacientes e/ou familiares e facer un exercicio correcto dos nosos deberes, a través dun asesoramento correcto.

Servizos complementarios

Os servizos complementarios son aqueles destinados a ofertar actividades que complementen a rehabilitación, destacando a accesibilidade, o desenvolvemento persoal e social, a perspectiva socioeducativa e a inclusión sociocomunitaria.