Noticias 

© FEGADEM | 20/03/2024 | Cartel-taller-aplicaciones-moviles

FEGADEM organiza o obradoiro online Aplicacións móbiles útiles para persoas con Esclerose Múltiple

O obradoiro Aplicacións móbiles útiles para persoas con Esclerose Múltiple levarase a cabo de forma online o próximo mércores 3 de abril ás 12:00. É necesario inscribirse.

20/03/2024 | Santiago de Compostela

Para as persoas que viven con Esclerose Múltiple, as actividades básicas diarias adquiren unha importancia vital no seu benestar físico e emocional. Manter rutinas regulares proporciona unha estrutura e estabilidade no seu día a día e axuda a xestionar os síntomas e reducir o impacto da enfermidade na súa calidade de vida. Ademais, elementos como ter unha alimentación equilibrada e saudable ou xestionar as emocións desempeñan un papel crucial no manexo dos síntomas e na promoción da saúde xeral.

Por todo isto, FEGADEM organiza este mércores 3 de abril ás 12:00 un obradoiro online sobre aplicacións para móbiles que poden ser útiles tanto para a vida diaria das persoas con Esclerose Múltiple como para os seus familiares.

É necesaria a inscrición previa no seguinte enlace ou no correo gestion@esclerosismultiplegalicia.org.

Cartel obradoiro

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Servizos e Proxectos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Das nosas entidades para persoas afectadas e a súa contorna > Atención das Actividades básicas da vida diaria
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 00
Esclerosis múltiple (EM) > Centros de Atención e Rehabilitación > A.C.E.M. - Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA, outras Enfermidades Neurodexenerativas e Enfermidades Raras