Xa hai datas para os Talleres de Educación Afectivo-Sexual organizados por FEGADEM
Os talleres, destinados a persoas con EM, serán en tres provincias galegas entre novembro e decembro coa colaboración da psicóloga Sonia Martínez e as entidades membro da Federación.
Dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) organizamos uns “Talleres de Educación Afectivo-Sexual para persoas con Esclerose Múltiple (EM)“. Estes organízanse en colaboración coa psicóloga e sexóloga Sonia Martínez, ademais de co apoio de catro das asociacións membro da Federación: ACEM Santiago, ACEM Coruña, AVEMPO e ALUCEM.
Datas
Os talleres levaranse a cabo presencialmente nas sedes das entidades ao longo dos meses de novembro e decembro. As datas son as seguintes:
– Xoves, 21 de novembro – Lugo
– Xoves, 12 de decembro – A Coruña
– Mércores, 18 de decembro – Santiago
– Xoves, 19 de decembro – Vigo
Máis información
Proximamente actualizaremos con máis información sobre estes talleres. Se queres saber algo máis, podes contactar con FEGADEM.
