Colabora con FEGADEM
Coa túa colaboración, axudas a que FEGADEM mellore os servizos, os sosteña no tempo e siga mellorando a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple e as súas familias en Galicia.
Como doar?
Doar a FEGADEM é moi sinxelo. Podes facelo de dous xeitos diferentes: realizando un Bizum, ou unha tranferencia bancaria.
Para facer un Bizum solidario, tes que abrir a aplicación do teu banco, buscar o Bizum, pulsar en “Realizar unha doazón” e insertar o código de FEGADEM: 14393. Para realizar unha transferencia, só tes que facela ao número de conta ES18 2100 0502 0011 2612 co seguinte concepto: “Doazón FEGADEM”.
Coa túa contribución poderemos soster os nosos servizos e pasarás a formar parte da comunidade que axuda a mellorar a calidade de vida das persoas con EM e as súas familias. Faite doante!
Outros tipos de colaboración
Se queres colaborar dalgunha outra maneira, podes contactar connosco e analizaremos a túa proposta. Tamén podes asociarte e formar parte dalgunha das nosas asociacións membro. Lembra que para asociarte podes ser unha persoa con Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA, outras enfermidades neurodexenerativas e/ou enfermidades raras. Así como ser familia dalgunha persoa que se atope nalgunha destas situacións.
Doazón
ES18 2100 0502 0011 2612
Concepto “Doazón FEGADEM”
Bizum
Código: 14393
Dende a app do banco, selecciona “Realizar doazón” e insire o código de FEGADEM.
Asóciate
Asóciate a unha entidade de EM galega
Descobre como asociarte na nosa web.
Beneficios fiscais
Ao ser entidade declarada de utilidade pública, se doas a FEGADEM xeras un retorno fiscal importante. As primeiras aportacións de ata 250€ anuais (ata 21€ ao mes) permiten deducir un 80% na declaración da renda. A partir desa cifra, a dedución é do 40%, que pode escalar ao 45% se a persoa doante mantén ou incrementa as contribucións á mesma entidade durante polo menos 3 anos. É dicir, se doas 250€ ao ano, na declaración da renda devólvenche 200€. Faite doante! Contribuirás á mellora da calidade de vida das persoas con EM e, ademais, terás beneficios fiscais na declaración da renda.
Tamén podes doar se es unha empresa ou unha persoa xurídica, e tamén obterás beneficios. Permiten unha dedución do 40% no Imposto sobre Sociedades (co límite do 15% da base impoñible), que pode subir ao 50 % se se repiten as doazóns (iguais ou superiores) á mesma entidade nos dous últimos anos.
