Saltar ao contido
FEGADEM
  • FEGADEMAmpliar
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)Ampliar
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • InfórmateAmpliar
    • Novas
    • Axenda
    • BoletínsAmpliar
      • Boletín EM ao Día
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • ServizosAmpliar
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Nutrición
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • TransparenciaAmpliar
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Colabora
  • Contacto
Facebook X Instagram YouTube
FEGADEM
Uncategorized
Publicada o 15 Xuño, 202612 Xuño, 2026 Actualizada o12 Xuño, 2026

Nace ONDA PINGÜINA, a primeira radio online creada por persoas con Esclerose Múltiple

Un novo espazo de apoio, información e visibilidade

As iniciativas impulsadas por persoas con Esclerose Múltiple (EM) seguen demostrando o valor da participación activa e o apoio entre iguais. A asociación Baile de Pingüinos puxo en marcha ONDA PINGÜINA – EM la onda, unha radio online creada integramente por persoas que conviven con esta enfermidade.

O proxecto naceu o 26 de maio, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple. Tomaron esta data como referencia para sensibilizar á sociedade sobre a realidade das máis de 55.000 persoas que viven con esta enfermidade en España.

Unha radio feita por e para persoas con EM

ONDA PINGÜINA xorde para ofrecer un espazo de encontro, acompañamento e información. Aquí as persoas con EM poderán compartir experiencias, resolver dúbidas e sentirse parte da comunidade.

A iniciativa aposta por unha comunicación próxima e accesible, baseada no concepto de “ritmo pingüino”. Esta filosofía da asociación reivindica a importancia de respectar os tempos, necesidades e circunstancias de cada persoa.

Segundo explican dende a entidade, o proxecto nace dunha idea sinxela. Nace de demostrar que convivir coa EM non impide seguir vivindo, compartindo e construíndo.

Programas sobre dereitos, testemuñas e apoio emocional

A programación de ONDA PINGÜINA aborda diferentes aspectos relacionados coa vida cotiá das persoas con EM e a súa contorna.

Entre os seus contidos destacan:

  • Empatía, Social y Justa: un espazo dedicado a informar sobre recursos sociais, dereitos e cuestións legais vinculadas á enfermidade.
  • Mil caras y una voz: un programa de entrevistas que dá protagonismo a persoas relacionadas coa EM e as súas experiencias.
  • La voz de los familiares: centrado no papel de quen acompaña e coida ás persoas con EM.
  • Nuestras Píldoras: cápsulas breves con consellos prácticos para o día a día.

A asociación prevé ampliar progresivamente a oferta de contidos con novos programas e colaboracións.

A importancia de crear comunidade

Ademais de ofrecer información útil, proxectos como ONDA PINGÜINA contibúen a reducir o illamento social que moitas persoas poden experimentar tras o diagnóstico. Deste modo, favorecen o intercambio de experiencias e o apoio entre iguais.

A creación de espazos de participación impulsados polas propias persoas con EM tamén axuda a mellorar a visibilidade da enfermidade. É útil para combater estereotipos e trasladar unha imaxe máis realista da diversidade de situacións que pode vivir quen convive con ela.

Un proxecto para dar voz ás persoas con EM

Dende FEGADEM queremos recoñecer este tipo de iniciativas que fomentan a participación, o empoderamento e a creación de redes de apoio dentro da comunidade da EM.

ONDA PINGÜINA representa unha nova ferramenta para informar, acompañar e conectar a persoas con EM, familiares, profesionais e cidadanía en xeral, contribuíndo a construir unha sociedade máis consciente e comprometida coa realidade desta enfermidade.

As persoas interesadas poden coñecer máis sobre este proxecto e acceder aos seus contidos a través das canles da asociación Baile de Pingüinos.

Enlace: /https://bailedepinguinos.org/cms/radio-bdp-onda-pinguina/

Navegación de entradas

Anterior Anterior
FEGADEM organiza unha sesión sobre o papel do solo pelviano na Esclerose Múltiple
Facebook X Instagram YouTube

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

Contacto:

Centro Cadoiro, oficina B04 - Rúa República Checa, 52, 15707, Santiago de Compostela

info@esclerosismultiplegalicia.org

604 050 773

Entidade declarada de utilidade pública

© 2026 FEGADEM - Tema para WordPress por Kadence WP

Hosting patrocinado por

Entidade declarada de utilidade pública

FEGADEM
Xestionar consentimento

Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento permítenos procesar datos como o comportamento de navegación. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións.

Funcionais Activo sempre
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o uso lexítimo dun servizo solicitado polo usuario, ou para a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou acceso que se emprega exclusivamente con fins estatísticos. O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada con este propósito soamente non se pode usar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de márketing semellantes.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}
  • FEGADEM
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • Infórmate
    • Novas
    • Axenda
    • Boletíns
      • Boletín EM ao Día
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • Servizos
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Nutrición
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • Transparencia
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Colabora
  • Contacto
Buscar