Teresa González, presidenta de FEGADEM, participa na Asemblea Xeral de AEDEM
A presidenta da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), Teresa González, participou onte na Asemblea Xeral da Asociación Española de Esclerosis Múltiple (AEDEM). Tamén exerce como Vicepresidenta Segunda desta mesma entidade.
A xornada reuniu a representantes das xuntas directivas das asociacións que forman parte de AEDEM. Contou tamén coas entidades da Federación, nun encontro centrado no traballo coordinado, o intercambio de experiencias e a definición de liñas de actuación comúns. Búscase seguir avanzando na defensa dos dereitos das persoas con Esclerose Múltiple (EM).
Un espazo de coordinación e traballo en rede
A participación das entidades sociais resulta imprescindible para fortalecer o movemento asociativo da EM. Tamén para impulsar accións que melloren a calidade de vida destas persoas e das súas familias.
Durante a Asemblea Xeral abordáronse cuestións relacionadas coa situación actual da Esclerose Múltiple en España. Tratáronse os retos sociais e sanitarios existentes e a importancia de continuar reforzando a colaboración entre o Terceiro Sector e as administracións.
Dende FEGADEM seguimos apostando polo traballo en rede, a cooperación entre entidades e a representación das persoas con EM nos espazos de decisión.
Compromiso coa defensa das persoas con Esclerose Múltiple
Este tipo de encontros permiten compartir coñecemento, iniciativas e continuar avanzando. Construamos un modelo asociativo baseado na participación, a profesionalidade e a defensa dos dereitos das persoas con EM.
En FEGADEM mantemos o noso compromiso coa sensibilización social, a visibilización da Esclerose Múltiple e a mellora dos servizos destinados ás persoas afectadas.
Seguimos traballando xuntas! Por unha sociedade máis inclusiva, accesible e comprometida coa realidade da Esclerose Múltiple.
