II Xornadas de Esclerose Múltiple
Desde a Federación Galega de Esclerose Múltiple, queremos agradecer á Consellería de Política Social, ás persoas que acudiron como relatoras e as persoas asistentes por facer posible a celebración deste evento.
Desde a Federación Galega de Esclerose Múltiple, organizáronse as II Xornadas de Esclerose Múltiple nos Robles, o 16 de Novembro, co obxectivo de visibilizar a EM e difundir os dereitos, necesidades e a problemática xeral das persoas afectadas, dos seus familiares e/ou referentes.
Profesionais e pacientes analizaron o panorama actual da Esclerose Múltiple ( EM) e a vida coa enfermidade, que afecta a máis de 4.000 persoas en Galicia.
Pareceunos importante apostar por unha nova edición do evento, nas que se realizou un repaso ao panorama actual que rodea á EM e as perspectivas de futuro e, na que se, dió voz ás persoas que conviven a diario coa Esclerose Múltiple para resolver diferentes cuestións, ademais de, compartir a súa experiencia como pacientes compartindo as necesidades reais das persoas que conviven con esta enfermidade.
O programa seguido foi o seguinte:
10.30. Entrega do material e acreditación
10.45. Acto inaugural
Rachel Yasmín Feliciano, Secretaria da Federación Galega de Esclerose Múltiple
Ildefonso de la Campa Montenegro, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Alfonso Alonso Fachado, Subdirector Xeral de Xestion Asistencial e Innovación en Servizo Galego de Saúde
11.00. Situación actual e tendencias futuras da EM
Lidia González Urresti, Vogal da Federación Galega de Esclerose Múltiple
Jose María Prieto González, Xefe do Servizo de Neuroloxía, Profesor Asociado de Medicina Hospital Clínico Universitario Santiago de Compostela
Inés González Suárez, Facultativo Especialista en Neuroloxía.Unidade de Esclerose Múltiple.Hospital Alvaro Cunqueiro.
Elba Cabo Ramos, avogada, Despacho de avogados Cabo & Mosquera, Lugo
12.15. Descanso
12.45. Afrontar sen renunciar
María Teresa González Salvadores, Vicepresidenta da Federación Galega de Esclerose Múltiple
Jesús Santiago Ruibal, Enfermero en el Hospital de Verín, Profesor en la E.U.Enfermería de Chaves, Blogger de EM
Conxita Taruella, Presidenta Asociación EM de Lleida y Expresidenta de Esclerosis Múltiple España
María Elena Vázquez Abal, Profesora Titular de Xeometría e Topoloxía, Departamento de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela
14.00. Pausa para comer
16.00. Musicoterapia
AGAMUS. Asociación Galega de Musicoterapia®©Casa Baubo
18.30. Xuntos SerEMos máis fortes
Tempo para compartir inquietudes e experiencias entre as persoas asistentes.
19.15. Peche das Xornadas
Rachel Yasmín Feliciano, Secretaria da Federación Galega de Esclerose Múltiple.
