Patient Community Day 2025
Un encontro global para compartir coñecementos, innovación e experiencias arredor da Esclerose Múltiple e condicións neurolóxicas relacionadas.
O Patient Community Day 2025 celebrarase o 26 de setembro de 2025 no Centro de Convencións Internacional de Barcelona (CCIB) e tamén en formato en liña, ofrecendo así un evento accesible a nivel mundial.
Trátase dunha xornada anual para persoas que viven con Esclerose Múltiple (EM) e outras enfermidades neurolóxicas relacionadas, así como para as súas persoas coidadoras. O obxectivo é proporcionar información de primeira man sobre os últimos avances na investigación, o diagnóstico, tratamentos emerxentes, rehabilitación e melloras na calidade de vida. Todo isto será transmitido directamente por persoal experto internacional, inmediatamente despois da celebración do ECTRIMS 2025, o maior congreso científico sobre EM.
Un evento accesible e multilingüe
O programa desenvolverase en inglés, con tradución simultánea mediante intelixencia artificial ao español e a máis de 50 idiomas adicionais, garantindo unha participación inclusiva e global.
Rexístrate aquí: Formulario de inscrición Patient Community Day 2025
Envía as túas preguntas aos/ás expertos/as aquí: Pregunta a expertos
Programa Patient Community Day 2025
15:00 – 15:10 CEST
Introdución
15:10 – 16:00 CEST | Sesión 1
Últimos avances en investigación sobre EM, NMOSD e MOGAD, con atención especial en diagnóstico, terapias emerxentes, rehabilitación, modificacións no estilo de vida e o papel fundamental da enfermaría.
Moderador: Brett Drummond
Panelistas: Álvaro Cobo Calvo, Amy Perrin Ross, Bruno Stankoff, Gabriel Bsteh, Joelle Massouh, Roshan Das Nair, Sudarshini Ramanathan
16:00 – 16:20 CEST
Panel de experiencias en primeira persoa.
16:20 – 17:00 CEST | Networking
Espazo de interacción: “Ask The Expert” con Alan Thompson, Mar Tintore e Romain Marignier.
17:00 – 18:00 CEST | Sesión 2
Exploración dos resultados máis relevantes presentados en ECTRIMS 2025, centrados en biomarcadores, Esclerose Múltiple latente, cognición, xenética, imaxe médica, intelixencia artificial, infeccións e vacinas.
Moderador: Brett Drummond
Panelistas: Ali Manouchehrinia, Daniel Ontaneda, Jeannette Lechner-Scott, Liliana Patrucco, Mitzi Joi Williams, Olga Ciccarelli, Xavier Montalban
18:00 – 18:05 CEST
Clausura do evento
Un programa deseñado con e para a comunidade
O Patient Community Day 2025 foi creado en colaboración con organizacións de pacientes e persoas con experiencia directa en EM, NMOSD e MOGAD. Grazas á súa implicación, conseguiuse un programa adaptado aos intereses e ás necesidades reais da comunidade. Ademais, as achegas recibidas na edición 2024 foron importantes para perfeccionar a proposta deste ano.
