Solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade en Galicia
Dende FEGADEM loitamos porque se recoñeza automaticamente a discapacidade co diagnóstico de EM.
Que é o certificado de discapacidade?
Este é un documento que certifica que unha persoa ten un determinado grao de discapacidade. A valoración para determinar este grao céntrase en avaliar a capacidade para realizar as Actividades da Vida Diaria (AVD). Este recoñecemento xestiónase a través dos Equipos de Valoración e Orientación (EVO). Se a persoa solicitante chega a un 33% de discapacidade, pode acceder a certos beneficios fiscais, sociais, laborales, económicos, educativos…
Cales son os graos de discapacidade?
O Real Decreto 888/2022, do 18 de outubro, polo que se establece o procedemento para o recoñecemento, declaración e calificación do grao de discapacidade, establece as seguintes clases:
Clase 0. Discapacidade nula. 0% – 4%
O nivel de discapacidade avaliado é insignificante e non xustifica unha dificultade avaliable na realización das Actividades da Vida Diaria (AVD).
Clase 1. Discapacidade leve. 5% – 24%
O nivel de discapacidade avaliado é leve e xustificaría unha dificultade leve na realización das AVD, sendo a persoa independente na práctica totalidade das mesmas.
Clase 2. Discapacidade moderada. 25% – 49%
O nivel de discapacidade avaliado é moderado e xustificaría unha dificultade moderada na realización das AVD estudadas. Puidendo existir unha limitación total ou imposibilidade para realizar algunha delas en calquera dominio, sendo independente nas actividades de autocoidado.
Clase 3. Discapacidade grave. 50% – 95%
O nivel de discapacidade avaliado é grave e xustificaría unha dificultade grave na realización das AVD estudadas. Puidendo existir unha limitación total ou imposibilidade na súa realización, en calquera dominio, incluídas as actividades de autocoidado.
Clase 4. Discapacidade total. 96% – 100%
O nivel de discapacidade avaliado é grave ou total e xustificaría a imposibilidade na realización de case todas as AVD estudadas, incluídas as de autocoidado.
Cales son os EVO?
Os Equipos de Valoración e Orientación (EVO) son multidisciplinares e están compostos por unha persoa profesional da medicina, da psicoloxía e do traballo social, que se encargan do diagnóstico, avaliación e calificación da discapacidade. En Galicia, os EVO son os seguintes:
Centro de Valoración e Orientación de Coruña
Vicente Ferrer, 2 baixo, 15008, A Coruña
981 182 482
Centro de Valoración e Orientación de Santiago
Queixume dos Pinos, 2 (Edificio CEGADI), 15705, Santiago de Compostela
881 999 236
evo.ctb.santiago@xunta.gal
Centro de Valoración e Orientación de Ferrol
Plaza Camilo José Cela, s/n (Edificio Administrativo) 3º planta, 15403, Ferrol
981 337 232 / 981 337 298
evo.ctb.ferrol@xunta.gal
Centro de Valoración e Orientación de Lugo
Serra dos Ancares, 68 baixo, 27003, Lugo
982 889 129 / 982 294 444
evo.ctb.lugo@xunta.gal
Centro de Valoración e Orientación de Ourense
Antonio Sáenz Díez, 33 baixo, 32003, Ourense
988 386 160
Centro de Valoración e Orientación de Pontevedra
Avenida de Vigo, 16, 36003, Pontevedra
886 159 830 / 886 159 831 / 886 159 835 / 886 159 839
evo.ctb.pontevedra@xunta.gal
Centro de Valoración e Orientación de Vigo
Faisán, 12, 36205, Vigo
886 120 710 / 886 120 733
evo.ctb.vigo@xunta.gal
Onde se presenta a solicitude?
De forma electrónica: a través do formulario dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
De forma presencial: nos Servizos Sociais do Concello, nas Delegacións Provinciais do Consello de Traballo e Benestar ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Que documentos necesitas presentar?
- Fotocopia compulsada do DNI do/a interesado/a (no seu defecto, libro de familia ou partida de nacemento).
- Fotocopia compulsada dos informes médicos e/ou psicolóxicos que avalen as discapacidades alegadas. No caso de revisión por agravamento ou melloría hai que presentar unha fotocopia compulsada dos informes que acrediten isto.
- Se é necesario, fotocopia compulsada do DNI do/a representante e do documento acreditativo da representación.
- Certificado de convivencia da unidade familiar.
- Xustificante de ingresos da persoa interesada e convivintes (fotocopia do IRPF, nóminas, etc…).
- Xustificación de gastos, se é o caso: vivenda (aluguer, amortización 1ª vivenda, desahucio, eliminación de barreiras arquitectónicas…), extraordinarios de carácter prolongado (educativos, sanitarios, outros…).
- Para as persoas solicitantes desempregadas, tarxeta de demandante de emprego.
Pódese presentar un recurso?
Se non estás de acordo co resultado da valoración, podes presentar un recurso ante o órgano que ditou a resolución nun prazo de 30 días dende que se notificou a resolución. Nos próximos 45 días, o órgano responderá ao recurso. Se non contesta, entenderase denegada a reclamación por silencio administrativo.
Pódese revisar o grao de discapacidade?
Si, sempre e cando pasen dous anos dende a anterior resolución. Non obstante, este prazo non se terá en conta en caso de algún erro no diagnóstico ou por cambios substanciais nas circunstancias que deron lugar ao recoñecemento do grao.
Que reivindicamos dende FEGADEM?
Dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple reivindicamos que se recoñeza o 33% de discapacidade automaticamente co diagnóstico de Esclerose Múltiple, xa que suporía un mellor e máis rápido acceso ás medidas de apoio e protección social. Ademais, permitiría a asignación de recursos efectivos e áxiles que garantan a plena integración e participación na sociedade das persoas con EM.
