As persoas con Esclerose Múltiple poderían ter menos probabilidades de desenvolver alzhéimer
Matthew Brier, autor do primeiro estudo, afirma que “o descubrimento suxire unha nova vía de investigación a través da cal buscar tratamentos para o Alzhéimer”.
Un novo estudo da Facultade de Medicina da Universidade de Washington en St. Louis revelou algo inesperado. As persoas con Esclerose Múltiple (EM) teñen menos probabilidades de desenvolver as características moleculares asociadas co Alzhéimer. Este descubrimento podería cambiar a nosa comprensión de ambas patoloxías.
Menor risco de Alzhéimer en persoas con EM
A investigación, publicada en Annals of Neurology, suxire que as persoas con EM teñen un risco significativamente menor de desenvolver Alzhéimer. Segundo as persoas investigadoras, algún compoñente biolóxico ou xenético nas persoas con EM podería estar protexéndoas contra esta enfermidade neurodexenerativa.
Este descubrimento xurdiu a partires das observacións da mentora de Matthew Brier, a Dra. Anne Cross, quen notou que os seus pacientes con EM non desenvolvían Alzhéimer, incluso cando tiñan antecedentes familiares. Para comprobalo, empregouse unha análise de sangue avanzada que detecta placas amiloides, un marcador clave do Alzhéimer. Os resultados mostraron que as persoas con EM tiñan un 50% menos de probabilidades de presentar estas placas en comparación con persoas sen EM.
Un descubrimento que abre novas vías de investigación
O persoal científico cre que hai algo na bioloxía da EM que ofrece protección contra o Alzhéimer. Pode ser que o sistema inmunitario, ao atacar o sistema nervioso central durante os brotes de EM, tamén reduza a acumulación de placas amiloides. Dende logo, esta é unha área que as personas investigadoras están ansiosas por explorar máis a fondo.
Este descubrimento plantexa novas preguntas sobre a relación entre a EM e o Alzhéimer e abre novas vías para a investigación. Se os científicos poden identificar o mecanismo protector, isto podería conducir a novas estratexias terapéuticas para tratar o Alzhéimer. Seguir investigando tanto a Esclerose Múltiple como o Alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas é fundamental para lograr unha mellor calidade de vida das persoas afectadas.
Ler artigo completo en ConSalud.es.
