Unha investigación está estudando a fatiga na Esclerose Múltiple
A fatiga forma parte do día a día de moitas persoas con Esclerose Múltiple e outras enfermidades, polo que coñecer as súas características é fundamental.
O Servizo de Neuroloxía do Hospital Clínico San Carlos de Madrid está realizando unha investigación clínica para coñecer mellor a fatiga na Esclerose Múltiple (EM) e outras enfermidades. Para elo, elaboraron un cuestionario online para quen desexe participar de forma voluntaria no estudo.
A fatiga na EM
A fatiga é un dos síntomas máis habituais para a maioría de persoas con EM. Calcúlase que entre o 75% e o 95% destas persoas téñena, e moitos/as consideran que é un dos síntomas que máis afecta á súa calidade de vida.
A fatiga pode ser moi debilitante e afectar ás actividades básicas da vida diaria, así como ao estado de ánimo, a autonomía, o funcionamento social e laboral… A fatiga pode ser de dous tipos, segundo se é causada por efectos secundarios da medicación ou se se produce polos danos no sistema nervioso central.
A investigación
O Hospital Clínico de San Carlos en Madrid está desenvolvendo unha investigación co obxectivo principal de coñecer mellor as características da fatiga. O estudo, que xa foi aprobado polo Comité de Ética, ten como propósito comparar os resultados con outras patoloxías que tamén cursan con fatiga. A partires disto, preténdese validar unha nova escala máis precisa para valorar as característica e o impacto da fatiga.
O cuestionario
Para obter algúns dos datos, o Servizo de Neuroloxía do Hospital Clínico San Carlos desenvolveu un cuestionario chamado “Fatiga y Esclerosis Múltiple”. É un cuestionario online no que pode participar calquera persoa que o desexe sempre que estea diagnosticada con Esclerose Múltiple e teña máis de 18 anos.
Podes acceder ao formulario aquí.
