FEGADEM presenta “Os Bolechas. A profesora Celia ten Esclerose Múltiple”
O sábado 13 de decembro ás 11:30 horas, FEGADEM celebrará no Espazo Educativo e de Lecer “María Miramontes”, en Santiago de Compostela, a presentación do libro infantil “Os Bolechas. A profesora Celia ten Esclerose Múltiple”. Esta obra forma parte da coñecida colección Os Bolechas e conta a experiencia da profesora Celia coa Esclerose Múltiple (EM).
Un libro infantil para sensibilizar sobre a EM
O libro busca sensibilizar á infancia sobre a EM, fomentando a empatía e a inclusión. A través das aventuras dos Bolechas, os nenos e nenas poderán comprender os desafíos que enfronta a profesora Celia, ao mesmo tempo que aprenden sobre a solidariedade, o asociacionismo e a comprensión.
Actividades para toda a familia
Durante a presentación levaranse a cabo actividades dirixidas a nenos, nenas e familias, convertindo o acto nun espazo para todas as xeracións.
É necesario inscribirse para asistir. Pode facerse no seguinte enlace: https://form.jotform.com/222782985397374
Información do evento
- Sábado 13 de diciembre
- 11:30 horas
- Espazo Educativo e de Lecer “María Miramontes”, Santiago de Compostela
- Para asistir, pulsa en: https://form.jotform.com/222782985397374
Para máis información sobre a obra e a presentación, podes contactar con FEGADEM.
Para coñecer toda a colección dos Bolechas, visita osbolechas.gal.
Por que é importante que a infancia lea sobre a EM
Ler sobre EM dende a infancia axuda a normalizar a enfermidade e os seus síntomas, fomenta a inclusión e prepara aos nenos e nenas para desenvolver habilidades sociais e emocionais que serán útiles ao longo da súa vida.
O libro axudará a coñecer a EM, comprender os seus síntomas e funcionamento, descubrir as asociacións e o seu traballo e descubrir novas palabras como “mielina”, “sistema nervioso central”, “tratamentos”…, polo que serve como un gran recurso para a educación dos nenos e nenas.
