EMprego: o boletín de emprego para persoas con discapacidade en Galicia
Moitas persoas con Esclerose Múltiple (EM) e familiares en Galicia demandaban máis recursos prácticos para mellorar a súa autonomía e acceder a oportunidades laborais adaptadas. En resposta a estas peticións na nosa canle de WhatsApp, presentamos EMprego, o noso boletín semanal pensado especialmente para persoas con discapacidade que están en busca activa de emprego.
Que é EMprego?
EMprego é un boletín de traballo totalmente gratuíto que chega directamente ao teu correo electrónico cada semana. O seu obxectivo é conectar ás persoas con discapacidade con ofertas de emprego adaptadas ás súas necesidades, facilitando a inclusión laboral en Galicia.
Por que subscribirse a EMprego?
Ofertas adaptadas: só recibes anuncios relevantes para persoas con discapacidade.
Actualización semanal: non perdes ningunha oportunidade laboral.
Fácil de usar: recibe as ofertas directamente no teu correo.
Accesible para familias: tamén é útil para familiares e coidadores que buscan oportunidades para os seus seres queridos.
Como inscribirse
Inscribirse é moi sinxelo: só tes que introducir os teus datos no formulario desta páxina, e cada semana recibirás o boletín coas ofertas máis recentes. Non perdas a oportunidade de mellorar a túa empregabilidade e de acceder a traballos adaptados ás túas necesidades.
