FEGADEM solicita aumentar ata o 1% a asignación tributaria para fins sociais
A proposta supón aumentar do 0,7 ao 1 % a asignación tributaria do IRPF e do Imposto de Sociedades destinada a actividades de interese xeral consideradas de interese social.
Se esta proposta se adoptara en 2023, aumentaríase un 43% a cuantía recadada, pero a repercusión nos Presupostos Xerais do Estado sería tan só do 0,06%. O obxectivo é conseguir que a proposta apareza recollida nos Presupostos Xerais do Estado en 2025.
FEGADEM solicita aumentar do 0,7 ao 1 % a asignación tributaria do IRPF e do Imposto de Sociedades destinada a actividades de interese xeral consideradas de interese social.
FEGADEM sinala que o sistema de subvencións actual require un cambio substancial que permita acadar un marco de financiación estable, suficiente, garantido e previsible. Pero, mentres se avanza nese cambio, proponse aumentar ata o 1% a asignación tributaria para fins sociais para que as entidades sociais poidan contar con maior estabilidade para planificar a longo prazo e aumentar, así, o seu impacto social.
Se esta proposta se adoptara no ano 2023, aumentaríase un 43 % a cuantía recadada polo IRPF e Imposto de Sociedades para fins sociais e, porén, a repercusión que este incremento suporía nos Presupostos Xerais do Estado sería unicamente do 0,06%. O obxectivo é conseguir que a proposta apareza recollida nos Presupostos Xerais do Estado de 2025.
Máis solidaridade, máis impacto: do 0,7 ao 1% para fins sociais
Os fondos recadados a través das asignacións tributarias do IRPF e o Imposto de Sociedades van dirixidos a financiar proxectos sociais desenvolvidos por entidades do Terceiro Sector. Isto inclúe actuacións desenvolvidas no Estado español, pero tamén en países de todo o mundo a través da cooperación internacional. Tamén inclúen proxectos de protección do medio ambiente. En definitiva, son unha gran diversidade de proxectos dirixidos a garantir os dereitos da cidadanía, loitar contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade e teñen por obxectivo avanzar cara sociedades xustas, igualitarias, inclusivas, sostibles e en paz, aquí e en todo o mundo.
En 2022, a nivel autonómico financiáronse 6.909 proxectos, desenvolvidos por 2.255 entidades. A nivel estatal, financiáronse 887 proxectos de 262 entidades. En total, financiáronse 7.798 proxectos desenvolvidos por 2.517 entidades sociais. En 2023, financiáronse 991 proxectos a nivel estatal, desenvolvidos por 288 entidades sociais. Nestes momentos estanse analizando as resolucións para coñecer os datos a nivel autonómico.
FEGADEM lembra que o Terceiro Sector é un axente clave para a defensa e promoción dos dereitos e intereses sociais de toda a cidadanía e para a garantía do benestar e a cohesión social. As entidades sociais desempeñan un rol imprescindible no sistema de produción de benestar social do noso país e son un aliado clave para o sector público. Ademais, as entidades sociais chegan, en moitas ocasións, alí onde non acadan as administracións públicas, garantindo dereitos e facilitando o acceso a servizos fundamentais.
O Terceiro Sector en España
O Terceiro Sector está formado por máis de 28.000 entidades que representan o 1,44% do PIB español e no que traballan, de maneira remunerada, o 3,2% do total do persoal contratado ao mercado laboral español. Cada ano, as entidades do Terceiro Sector prestan máis de 48 millóns de intervencións directas e o Terceiro Sector canaliza a solidaridade de preto de 4 millóns de persoas a través do voluntariado
Máis información aquí.
FEGADEM
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) é unha entidade que pretende mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple en Galicia. Busca promover o movemento social e asociativo, agrupando a cinco entidades membro: ACEM Santiago, ACEM Coruña, AVEMPO en Vigo, AODEMPER en Ourense e ALUCEM en Lugo. Comprende varios proxectos desenvolvidos en gran parte grazas aos fondos do 0,7% de fins sociais, como o Programa de Orientación, Información e Asesoramento ou o de ComunícatEM. A súa sede está en Santiago de Compostela e opera en toda a comunidade galega como plataforma institucional de representación das persoas con EM e as asociacións que traballan con estas.
