Éxito do ‘Móllate’ na súa única cita en Galicia
Vigo molláse en solidariedade coa Esclerose Múltiple no ‘Móllate’ organizado por AVEMPO.
- Numerosas persoas achegáronse ata a praia de Samil para apoiar a sétima edición da campaña de sensibilización social organizada pola Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra
- O chapuzón solidario celebrado na praia contou con decenas de bañistas, entre os que se atopaba a concelleira de Política Social do Concello de Vigo, Yolanda Aguia;, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Xunta, Fernando Abeijón
A praia viguesa de Samil acolleu este domingo a celebración en Galicia da campaña de sensibilización social ‘Mójate pola Esclerosis Múltiple’, acuñada na comunidade galega como ‘Móllate’. Centos de persoas acercáronse ao longo do día ata o areal para apoiar a iniciativa posta en marcha por sétimo ano consecutivo a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) e mollarse en solidariedade coas persoas que conviven coa coñecida como ‘enfermidade das mil caras’.
A carpa informativa instalada pola asociación nos arredores da piscina Samil San Remo recibiu visitantes durante todo o día, que quixeron interesarse pola iniciativa e colaborar con AVEMPO a través de donativos e a compra do merchandising oficial do ‘Móllate’, campaña que se celebrou simultaneamente esta xornada en máis de 900 praias e piscinas de toda España.
O sol saíu para permitir a volta de actividades lúdicas e deportivas á piscina ‘Samil San Remo’, nas que participaron numerosas persoas de todas as idades. Este ano AVEMPO instalou unha ruleta solidaria que tivo unha gran acollida por parte dos bañistas e paseantes.
A asociación viguesa celebrou tamén o xa tradicional chapuzón solidario pola EM na praia. Decenas de persoas sumaronse no arenal aos pacientes, familiares e profesionais da asociación ao grito de ‘Móllate’ para posteriormente darse un baño no mar para visibilizar a Esclerose Múltiple. Entre as persoas asistentes atopábase a concelleira de Política Social do Concello de Vigo, Yolanda Aguiar; a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Xunta, Fernando Abeijón, que quixeron apoiar a causa.
A campaña ‘Móllate’ pola Esclerose Múltiple cumpre este ano a súa sétima edición en Galicia. Desde que se iniciou a campaña en 1994 en Cataluña, cada ano celébrase o ‘Mójate pola Esclerose Múltiple’ ao longo de toda a xeografía española. Este ano, a iniciativa terá lugar en máis de 900 praias e piscinas de todo o país, nas que se prevé que se mollen máis de 100.000 persoas e participen arredor de 3.000 voluntarios nesta acción solidaria para visibilizar a Esclerose Múltiple.
Con esta iniciativa, AVEMPO quixo visibilizar a realidade dunha enfermidade que afecta máis de 3.700 persoas en Galicia e arredor de 55.000 en España, e recadar fondos para o mantemento dos servizos que ofrece na súa sede ás persoas afectada de Esclerosis Múltiple e os seus familiares.
