Axudas á conciliación para persoas autónomas
A conciliación non debe ser un luxo. Manter a actividade profesional á vez que coidas ou acompañas pode ser complicado. Sobre todo para moitas persoas autónomas en Galicia, especialmente familias con persoas menores de idade, persoas maiores, persoas con discapacidade ou en situación de dependencia.
Moitas familias conviven con situacións de dependencia sobrevidas. A Esclerose Múltiple (EM) pode implicar a necesidade dun apoio puntual ou continuado, a redución da xornada laboral, interromper a actividade profesional ou custes adicionais en coidados.
A conciliación tamén é unha cuestión de dereitos e sostibilidade familiar, así que a subvención da Xunta de Galicia con código TR341R ofrece axudas para facilitar esa situación. Se es autónomo/a e formas parte dunha unidade familiar onde hai unha persoa en situación de dependencia, esta información interésache.
Prazo de solicitude
Aberto do 11 de febreiro ás 9:00 horas ata o 30 de setembro de 2026 ás 20:00 horas. A súa tramitación é exclusivamente telemática e faise a través da sede da Xunta de Galicia.
Obxecto da axuda
Esta axuda busca apoiar a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras autónomas que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Inclúe tres liñas de apoio (Bonos Concilia I, II e III) que permiten:
- Contratar unha persoa substituta por maternidade/paternidade.
- Contratar apoio para o coidado de persoas menores de idade, maiores ou persoas con discapacidade/dependencia.
- Financiar servizos ou centros de coidado.
Quen pode solicitala?
Poden ser beneficiarias:
- Persoas dadas de alta no RETA ou noutro réxime especial por conta propia.
- Mutualistas.
- Membros de sociedades mercantís, laborais, civís e comunidades de bens (a título individual).
Requisitos
- Domicilio fiscal en Galicia.
- Actividade económica desenvolvida en Galicia (segundo modelo 036 da AEAT).
- Cumprir o establecido na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
- Ter máis de 18 anos.
Non poden acceder:
- Persoas socias de cooperativas.
- Autónomos/as colaboradores/as.
- Administradores/as sen participación na sociedade.
Modalidades da axuda
Hai tres liñas desta axuda. Bono autónomo Concilia I, Concilia II e Concilia III.
Bono autónomo Concilia I para maternidade/paternidade
Dirixido a persoas autónomas que:
- Estean ou estivesen de baixa por maternidade, paternidade ou situacións asimiladas.
- Contraten unha persoa desempregada para substitución.
- O contrato debe formalizarse por escrito e realizar as mesmas tarefas que a persoa substituída.
- Período subvencionable: 1 de outubro de 2025 a 30 de setembro de 2026.
Este programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do FSE+ Galicia 2021-2027.
Bono autónomo Concilia II para contratación para coidados
Para autónomos/as que acrediten:
- Parentesco ata segundo grao con persoa menor de idade, maior ou con discapacidade/dependencia.
- Ou convivencia acreditada (mínimo 3 meses previos, salvo para nenos, nenas ou adolescentes en fogar de acollida).
Requírese:
- Contratación dunha persoa desempregada.
- Acreditación documental do parentesco ou convivencia.
- Certificado de discapacidade ou dependencia cando corresponda.
Bono autónomo Concilia III para servizos de coidado
Permite financiar:
- Centros ou servizos de coidado de nenos, nenas e adolescentes.
- Atención a persoas maiores.
- Atención a persoas con discapacidade ou dependencia.
Debe acreditarse:
- O custo mensual do servizo.
- Parentesco ou convivencia.
- Certificados oficiais cando proceda.
Exclusións relevantes
Non se subvencionan:
- Contratos con cónxuxe ou familiares ata segundo grao (agás excepcións específicas no Concilia I).
- Contratacións de persoas que traballasen para o solicitante nos últimos tres anos (con excepcións en contratos indefinidos por substitución).
- Axudas duplicadas para a mesma persoa dependente, salvo no Concilia III.
Como presentar a solicitude
- Exclusivamente por vía electrónica.
- Unha única solicitude por programa e por persoa.
- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Identificación mediante certificado dixital ou sistema Chave365.
- Prazo de resolución: 3 meses.
- Silencio administrativo: negativo.
Tramitación e información oficial: https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=TR341R
Documentación habitual
Segundo a modalidade, poderá requirirse:
- Modelo 036.
- Resolución de baixa por maternidade/paternidade.
- Contrato de traballo.
- Informes de vida laboral.
- Libro de familia ou certificado do Rexistro Civil.
- Certificado de discapacidade ou dependencia.
- Xustificantes de custo de servizos de coidado.
A administración consultará automaticamente a maior parte dos datos, salvo oposición expresa.
Onde podes solicitar información
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Mail: autonomos.emprego@xunta.gal
Teléfonos: 981 545 612 / 981 957 725 / 881 958 621 / 981 957 590 / 981 957 728 / 981 545 625
