Axenda
Nesta páxina podes consultar os próximos eventos e actividades realizadas pola Federación e as entidades membro, ademais de eventos considerados relevantes doutras organizacións.
| Outubro 2025 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | 
| 
		1
		
		
	 | 
		2
		
		
	 | 
		3
		
		
	 | 
		4
		
		
	 | 
		5
		
		
	 | ||
| 
		6
		
		
	 | 
		7
		
		
	 | 
		8
		
		
	 | 
		9
		
		
	 | 
		10
		
		
	 | 
		11
		
		
	 | 
		12
		
		
	 | 
| 
		13
		
		
	 | 
		14
		 
 | 
		15
		 
 | 
		16
		 
 | 
		17
		
		
	 | 
		18
		
		
	 | 
		19
		
		
	 | 
| 
		20
		
		
	 | 
		21
		
		
	 | 
		22
		
		
	 | 
		23
		 
 | 
		24
		
		
	 | 
		25
		
		
	 | 
		26
		 
 | 
| 
		27
		
		
	 | 
		28
		 
 | 
		29
		 
 | 
		30
		
		
	 | 
		31
		
		
	 | ||
Próximos eventos
- 4 Novembro, 2025
- 
	- 
		Obradoiro de teatro en ACEM Coruña4 Novembro, 2025 - 17:00 - 18:30 
 En ACEM Coruña abren as portas ao mundo das artes escénicas cunha nova proposta: o obradoiro de teatro, unha actividade aberta, dinámica e pensada para todas as persoas que queiran descubrir o poder do teatro como ferramenta de expresión e benestar. Aquí non importa ser actor ou actriz, o que realmente conta é participar, comunicarse e gozar da experiencia compartida. Detalles do obradoiro- 
Data de inicio: Martes, 4 de novembro 
- 
Horario: De 17:00 a 18:15h 
- 
Lugar: Salón de actos do Centro Cívico San Diego (A Coruña) 
- 
Actividade gratuíta para persoas socias de ACEM 
- 
Non se require experiencia previa 
- 
Inscricións abertas ata o 3 de novembro: 
 Formulario de inscrición
 Teatro como ferramenta de participación e inclusiónO obradoiro de teatro de ACEM Coruña forma parte das súas accións orientadas a favorecer a inclusión social, a participación activa e o benestar emocional das persoas con esclerose múltiple e outras enfermidades neurodexenerativas. A través de xogos, improvisación e dinámicas grupais, traballarán aspectos como o movemento, a voz, a expresión corporal e a confianza persoal, nun ambiente distendido, participativo e accesible. Un espazo para expresarse e compartirO teatro é unha canle de comunicación poderosa que axuda a mellorar a autoestima, a empatía e a cohesión social. En ACEM apostan por actividades que combinan rehabilitación, creatividade e convivencia, promovendo o desenvolvemento persoal e colectivo. Participa!Se queres probar algo novo, mellorar a túa expresión e vivir unha experiencia divertida e enriquecedora, anímate a participar no obradoiro de teatro de ACEM Coruña. Inicio: 4 de novembro – Inscricións ata o 3 de novembro 
 Centro Cívico San Diego (A Coruña)
 Actividade gratuíta e accesible para todas as persoas socias
- 
 
- 
		
- 6 Novembro, 2025
- 
	- 
		Novo obradoiro de Teatro en ACEM Santiago6 Novembro, 2025 - 11:30 - 13:00 
 A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) pon en marcha un novo obradoiro de teatro inclusivo, que dará comezo o xoves 6 de novembro ás 11:30h, nas instalacións da entidade. Este taller forma parte do proxecto Rehabilit-Arte, unha iniciativa que aposta pola rehabilitación e a mellora da calidade de vida das persoas con esclerose múltiple e párkinson mediante diferentes disciplinas artísticas. Detalles do obradoiro- 
Inicio: Xoves, 6 de novembro ás 11:30h 
- 
Horario: Todos os xoves de 11:30 a 13:00h 
- 
Duración: 16 semanas 
- 
Lugar: Sede de ACEM 
- 
Inscricións: acem.santiago@gmail.com / 620 533 471 / presencialmente no centro 
 Impartido por Fran ReiO obradoiro será impartido por Fran Rei, actor cómico e director teatral galego, cunha longa traxectoria no ámbito escénico e na dinamización de grupos. A súa metodoloxía combina humor, participación e aprendizaxe vivencial, facilitando que cada persoa explore as súas capacidades expresivas. Ademais da súa labor artística, Fran Rei é recoñecido polo seu compromiso coa inclusión social, colaborando en proxectos de teatro con colectivos de persoas con discapacidade e promovendo espazos de expresión accesibles para todas e todos. Teatro como ferramenta de rehabilitaciónEste novo obradoiro de teatro de ACEM ten como obxectivo traballar o corpo, a voz, a improvisación e a creación colectiva, favorecendo tanto o desenvolvemento persoal como o benestar emocional das persoas participantes. A través do xogo dramático, o movemento e a palabra, o teatro convértese nun espazo de rehabilitación integral, potenciando a autoestima, a comunicación e o sentido de pertenza. Un proxecto posible grazas á colaboraciónO programa Rehabilit-Arte é posible grazas á colaboración da Fundación “la Caixa” – Proxectos Sociais Galicia 2025 e á I Beca Solidaria ORAL GROUP Centros Dentales, que apoian a continuidade de iniciativas que unen arte, saúde e inclusión. Participa!Se che gusta o teatro e queres vivir unha experiencia diferente, anímate a formar parte deste obradoiro. 
 As prazas son limitadas e o proceso de inscrición xa está aberto.📧 acem.santiago@gmail.com 
 📞 620 533 471
 📍 ACEM – Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras.
- 
 
- 
		
- 8 Novembro, 2025
- 
	- 
		VII Andaina "O agarimo da natureza" en favor de AODEMPER8 Novembro, 2025 - 15:30 - 20:30 
 Rairiz de Veiga, 32652 Rairiz de Veiga, Ourense, EspañaO Concello de Rairiz de Veiga organiza a VII Andaina "O agarimo da natureza" en favor de AODEMPER. Será o sábado 8 de novembro e haberá dúas modalidades: ruta circular longa de 20km e a curta de 12 km. A xornada finalizará cunha cea magosto. Detalles do evento- 
Data: Sábado, 8 de novembro 
- 
Hora: 15:30 horas 
- 
Lugar: saída dende o campo da festa de A Saínza 
- 
Prezo: ruta (5€) / cea magosto (15€) 
- 
Inscricións: 988 465 552 (Chelo) 
 As rutasHaberá dúas rutas: unha máis longa e outra máis curta. Ambas sairán do mesmo punto. A ruta longa é circular e serán 20 kilómetros, e a ruta curta é tamén circular pero será de 12 kilómetros. Haberá avituallemento incluído na inscrición e a xornada rematará cunha cea magosto. Participa e colabora con AODEMPER!📞 988 465 552 (Chelo) 
- 
 
- 
		
- 9 Novembro, 2025
- 
	- 
		AODEMPER participará na modalidade inclusiva da Carreira San Martiño en Ourense9 Novembro, 2025 - 11:00 - 16:00 
 Ourense, Orense, Ourense, EspañaO Concello de Ourense organiza a XLVIII edición da Carreira Pedestre Popular San Martiño, homologada pola Federación Galega de Atletismo. Esta conta con diversas modalidades, entre as que hai unha inclusiva na que participará AODEMPER. A carreira será o domingo 9 de novembro. Detalles do evento- 
Data: Domingo, 9 de novembro 
- 
Hora: 10:30 horas 
- 
Lugar: Ourense 
- 
Modalidades: adultos, sub 18, sub 16, sub 14, sub 12, sub 10, inclusiva. 
- 
Inscricións: https://www.carreirasgalegas.com/events/xlviii-carreira-pedestre-popular-do-san-martio/V2mJOJ9M 
 Prezos e dorsal 0A carreira terá diversos prezos dependendo da modalidade, aínda que a gran maioría son gratuítas. - Adultos: entre 5€ e 7€. - As demais modalidades: 0€ Ademais, se non podes asistir pero queres colaborar solidariamente con AFAOR podes facelo adquirindo o Dorsal 0. ModalidadesHaberá diferentes modalidades segundo a distancia e a idade dos e as participantes. - Adultos Absoluta: 10km - Sub 18, Sub 16 e Sub 14: 4,5 km - Sub 12, Sub 10 e Inclusiva: 1,1 km InscriciónsÉ necesario inscribirse antes do día 2 de novembro. Podes facelo a través deste enlace: https://www.carreirasgalegas.com/events/xlviii-carreira-pedestre-popular-do-san-martio/V2mJOJ9M. A inscrición pode realizarse individualmente ou en grupo. Outra información e servizosA recollida dos dorsais, chips e camisetas será no Pavillón dos Remedios os seguintes días: - Venres 7 de novembro: de 16:00h a 20:00h. - Sábado 8 de novembro: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. 
 Non se repartirán dorsais o mesmo día da carreira.Ademais haberá Párking gratuito no Centro Comercial Pontevella, taquillas á disposición dos e as participantes (hai que levar candado), servizo de gardarroupas e duchas. Inscríbete! https://www.carreirasgalegas.com/events/xlviii-carreira-pedestre-popular-do-san-martio/V2mJOJ9M 
- 
 
- 
		
- 22 Novembro, 2025
- 
	- 
		Gala-Cea solidaria polo 30 aniversario de ACEM Santiago22 Novembro, 2025 - 20:30 - 23:30 
 Hotel OCA Puerta del Camino, C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, EspañaO sábado 22 de novembro de 2025, a partir das 20:30 h, ACEM Santiago organiza un evento moi especial: a Gala-Cea do 30 aniversario da entidade, un acto para conmemorar tres décadas de apoio, participación e loita polos dereitos das persoas con Esclerose Múltiple e outras enfermidades neurodexenerativas como a ELA ou o Párkinson. A celebración terá lugar no Hotel Oca Porta do Camiño e reunirase a xunta directiva, o equipo de ACEM e as persoas socias, así como calquera persoa interesada en compartir esta xornada histórica. Datos do evento - 
Data: Sábado, 22 de novembro de 2025 
- 
Hora: 20:30 horas 
- 
Lugar: Hotel Oca Porta do Camiño, Santiago de Compostela 
- 
Inscrición: Formulario de inscrición aquí 
- 
Peche de inscricións: 13 de novembro de 2025 
 Non perdas a oportunidade de formar parte desta xornada histórica. Inscríbete antes do 13 de novembro e acompáñaos nesta noite especial. 
- 
 
- 
		
