FEGADEM reúnese con Begoña Abeijón, Directora Xeral de Persoas con Discapcidade da Xunta de Galicia
Na reunión conversouse sobre os obxectivos da Federación a medio-longo prazo e próximos proxectos para este ano 2025 e para o próximo 2026.
Na Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) reunímonos este luns 26 de maio con Begoña Abeijón, Directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, para comunicarlle os obxectivos da entidade a medio e longo prazo e falar sobre os próximos proxectos.
Na reunión tratouse a visiblización dos síntomas invisibles da Esclerose Múltiple, as múltiples realidades destas persoas e accións que se poden realizar para seguir sensibilizando á sociedade. Ademais, resaltouse o traballo das nosas asociacións membro e a importancia de formar parte dun tecido asociativo coma o noso.
Dende a Federación seguiremos traballando e colaborando coas administracións para lograr mellorar a calidade de vida das persoas con EM galegas e unha maior visibilización das súas situacións e necesidades.
