Lembramos o noso servizo de traballo social en FEGADEM
En FEGADEM contamos coa traballadora social Rebeca Méndez, para dar atención a todas as persoas que o precisen.
En FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple) traballamos a diario para mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple en Galicia. Por iso queremos lembrar que contamos cun servizo de Traballo Social destinado a ofrecer apoio, orientación e acompañamento tanto ás persoas afectadas como ás súas familias.
En que consiste o noso servizo de Traballo Social?
A nosa traballadora social, Rebeca Méndez, encárgase de ofrecer atención directa e acompañamento a través de distintas accións:
- Deseño, execución e avaliación de proxectos de intervención social: desenvolvemos iniciativas para mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple.
- Diagnóstico social e atención sociofamiliar: avaliamos a situación de cada persoa para propoñer solucións axeitadas ás súas necesidades.
- Información, orientación e asesoramento: ofrecemos apoio sobre prestacións, dereitos, recursos dispoñibles…
- Elaboración de informes sociais e coordinación interdisciplinar: traballamos en rede con outros/as profesionais para garantir unha atención integral.
- Xestión de recursos e derivación a outras entidades: axudamos a acceder aos servizos necesarios en cada caso.
Por que é importante este servizo?
Moitas veces, as persoas con Esclerose Múltiple e as súas familias atópanse con dificultades no acceso a recursos sociais, falta de información e trámites burocráticos complexos.
Dende FEGADEM queremos reducir esas barreiras e garantir que todas as persoas con Esclerose Múltiple en Galicia teñan acceso ao apoio que precisan.
Se necesitas asesoramento, información ou apoio, contacta con nós. Estamos aquí para axudarche.
Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM)
Teléfono: +34 698 197 186
Mail: tsocial@esclerosismultiplegalicia.org
Web: www.esclerosismultiplegalicia.org
