A Esclerose Múltiple, a saúde mental e o Nadal
Entre o 30% e o 50% das persoas con Esclerose Múltiple experimentan depresión nalgún momento da súa vida, e arredor do 25% tamén loitan contra trastornos de ansiedade, segundo a National Multiple Sclerosis Society.
O Nadal é unha época especial: un momento para disfrutar coa familia e as amizades, para compartir risas e apertas, e tamén para reflexionar sobre o que realmente importa. Non obstante, para moitas persoas, e máis para quen vive con Esclerose Múltiple (EM), estas festas poden ser unha lembranza dos desafíos que enfrontan, tanto físicos como emocionais. Entre o 30% e o 50% das persoas con Esclerose Múltiple experimentan depresión nalgún momento da súa vida, e arredor do 25% tamén loitan contra trastornos de ansiedade, segundo a National Multiple Sclerosis Society.
A Esclerose Múltiple, coñecida como a «enfermidade das mil caras», afecta a cada persoa de maneira diferente, pero o que sempre é común é o impacto emocional que conleva. Aínda que os síntomas físicos (como a fatiga ou a mobilidade reducida) poden ser os máis visibles, o benestar emocional de quen vive con EM é igualmente importante para levar a enfermidade dunha maneira máis saudable.
Unha época de reflexión e sentimentos contradictorios
Tal vez o mellor punto de partida para entender como afecta o Nadal á nosa saúde mental sexa lembrar que é unha das festas máis psicolóxicas da humanidade. Aínda que hoxe vivimos nun contexto moi diferente á antigüidade, onde o Nadal era escuro e frío, actualmente segue sendo unha época de cambios, na que esta escuridade e o frío invitan á introspeción.
Como sinala o profesor Brian Hughes, “o Nadal afecta á mente humana de moitas maneiras, é capaz de estimular a alegría, a nostalxia, a emoción, a inquedanza e o estrés, ás veces todo ao mesmo tempo”. Este cóctel emocional é algo que todos/as experimentamos, pero para as persoas con Esclerose Múltiple, o Nadal pode ser particularmente complexo debido á combinación dos efectos físicos e emocionais da enfermidade.
A Esclerose Múltiple e o seu impacto psicolóxico
Para quen vive con Esclerose Múltiple, o Nadal pode ser unha época especialmente difícil. A depresión e a ansiedade son comúns entre as persoas con EM, e o estrés relacionado coas festas pode intensificar estes síntomas. Como explica a Dra. Saira Sarmiento, neuróloga especialista en EM,
“Un diagnóstico de EM pode desencadear ansiedade, depresión e outros trastornos emocionais, o que dificulta o manexo adecuado deste diagnóstico. É fundamental que estas persoas conten con apoio psicolóxico, ademais do tratamento médico, xa que un enfoque integral non só mellora a súa calidade de vida, así mesmo, mellorará a súa capacidade para convivir cos cambios físicos e emocionais da Esclerose Múltiple”.
Os síntomas da EM, como a fatiga, a dificultade para concentrarse e os problemas de memoria, poden confundirse facilmente cos da depresión, o que fai que sexa difícil identificar se é un síntoma da EM ou un trastorno do estado de ánimo alleo a esta. Esta superposición de síntomas é un dos principais retos para un diagnóstico correcto, e é por elo que os/as especialistas deben traballar de maneira multidisciplinar para brindar unha atención completa.
O impacto das festas na saúde mental
Segundo datos da Enquisa Social Europea, moitas persoas reportan un benestar emocional reducido durante o Nadal. Factores como o estrés dos preparativos, as altas expectativas sociais e o consumo excesivo son só algúns dos elementos que aumentan a carga emocional nesta época. Neste estrés vense reflectidas a presión social para estar felices, os conflitos familiares ou as expectativas pouco realistas sobre como deben celebrarse as festas.
Para as persoas con EM, este estrés adicional pode desencadear brotes de ansiedade, fatiga e depresión, empeorando a súa capacidade para manexar a enfermidade. A presión por participar en todas as festividades, por cumplir con todas as expectativas e por manter unha actitude alegre pode resultar abrumadora, especialmente se xa se sinten emocionalmente desgastados/as debido á enfermidade.
Consellos para manter o benestar nas festas
Aquí algúns consellos prácticos para coidar a nosa saúde mental e a das nosas persoas cercanas durante o Nadal, especialmente se viven con Esclerose Múltiple:
- Redefine as expectativas: non todo ten que ser perfecto. A perfección pode xerar máis estrés que felicidade. Aproveita as festas para desfrutar dos momentos sen poñer presión a todo o que te arrodea.
- Prioriza o importante: a conexión emocional é máis valiosa que calquera agasallo material. Asegúrate de pasar tempo coas persoas que queres e fai deses momentos algo especial.
- Fai espazo para a introspeción: se sentes que as festas te agobian, tómate un respiro. Reflexiona sobre o que realmente importa e permite que este tempo te sirva para reconectar contigo mesmo/a.
- Non te esixas estar feliz todo o tempo: o Nadal pode ser emocionalmente complexo para todos/as, especialmente se pasamos por momentos difíciles. Acepta que as emocións poden ser mixtas e está ben sentirse triste, cansado/a ou abrumado/a nalgúns momentos.
- Crea novas tradicións: aproveita a oportunidade para crear tradicións que reforcen os lazos, como cantar xuntos/as, compartir historias ou revivir lembranzas. Isto pode ser moi reconfortante para as persoas con EM, xa que lles permite sentirse apoiadas e comprendidas.
Un agasallo de apoio e comprensión
Nestas festas, máis que nunca, pensemos en como podemos apoiar ás persoas que viven con Esclerose Múltiple. Ás veces, o que máis precisan é saber que estamos aí para elas, escoitándoas e brindándolles o espazo para ser elas mesmas, sen xuízos nin presións. O benestar emocional das persoas con EM é esencial para levar unha vida plena e equilibrada, e o simple xesto de estar presentes pode ser un agasallo invaluable.
Que este 2025 sexa un ano cheo de saúde, esperanza e inclusión, e que o Nadal nos inspire a ofrecer o mellor de nós mesmos/as a quen máis o precisa.
Felices festas e un bo 2025!
Fontes da información:
La depresión es hasta tres veces más común en personas con Esclerosis Múltiple
