As dietas ricas en aceite de palma poden empeorar os síntomas da Esclerose Múltiple
Unha recente investigación revela que as dietas con alto contido en aceite de palma poden agravar os síntomas da Esclerose Múltiple (EM).
Unha recente investigación dirixida pola Dra. Patrizia Casaccia, directora do Centro de Investigación Científica Avanzada da Iniciativa de Neurociencia do Centro de Posgrado de CUNY (Estados Unidos), revelou como as dietas con alto contido en aceite de palma poden agravar os síntomas da Esclerose Múltiple (EM). Publicado na revista científica Glia, o estudo mostra que certos compoñentes do aceite de palma activan unha vía metabólica que empeora a progresión da enfermidade.
O aceite de palma no sistema nervioso central
O estudo centrouse en dous enzimas: CerS5 e CerS6, que, ao procesar o aceite de palma no organismo, xeneran unha substancia tóxica chamada ceramida C16. Esta substancia causa dano mitocondrial nas neuronas, debilitando a súa capacidade para combater a inflamación cerebral. Utilizando un modelo experimental de desmielinización inflamatoria (EAE), o equipo demostrou que as dietas con alto contido en aceite de palma empeoraban os síntomas da EM en ratos.
“Deducimos que, dentro das células neuronais, o aceite de palma convértese nunha substancia tóxica chamada ceramida C16 mediante enzimas específicos chamados CerS5 e CerS6“, afirma Casaccia, explicando que esta ceramida dana as mitocondrias, deixando ás células sen a enerxía necesaria para combater a inflamación.
A importancia dunha dieta consciente na EM
Os achados do estudo reforzan a relación entre as eleccións dietéticas e o control dos síntomas da EM. Na súa investigación, o equipo descubriu que a eliminación xenética de CerS5 e CerS6 protexía ás neuronas, incluso en ratos alimentados cunha dieta rica en ácido palmítico. Este descubrimento suxire que o impacto negativo do aceite de palma na EM pode mitigarse modulando estes enzimas.
Este avance ten implicacións importantes para as persoas con EM e para médicos/as e neurocientíficos/as. Segundo a investigación, ao comprender os efectos nocivos de certos alimentos na enfermidade, as persoas con EM poden tomar decisións dietéticas máis informadas, buscando reducir o risco de agravar os seus síntomas.
Cara unha dieta neuroprotectora para persoas con EM
Este estudo pon en relevancia a necesidade de adoptar opcións de estilo de vida adaptadas para as persoas que viven coa EM. Ademais de proporcionar información sobre como o aceite de palma pode desencadear procesos neurodexenerativos, o estudo suxire moléculas potenciais que poderían desenvolverse para reducir a toxicidade producida por estas graxas.
“A nosa investigación proporciona unha explicación molecular de como protexer ás neuronas da creación de moléculas que as danan a partires do aceite de palma”, explica Casaccia. O equipo agarda que estes achados axuden a establecer noves estratexias para mellorar a calidade de vida das persoas con EM mediante eleccións dietéticas saudables.
Este descubrimento aporta unha perspectiva sobre como algunhas graxas alimenticias impactan no desenvolvemento de síntomas en enfermidades neurodexenerativas, facendo un chamamento a considerar o impacto da dieta no manexo da Esclerose Múltiple.
Podes ler o artigo completo aquí.
