FEGADEM acompaña a AVEMPO na celebración do seu 30 aniversario
FEGADEM asistiu á celebración do 30 aniversario de AVEMPO. Foi unha ocasión especial para recoñecer tres décadas de compromiso coas persoas con Esclerose Múltiple (EM) e as súas familias. Serviu para reforzar os vínculos entre as entidades do movemento asociativo.
Dende FEGADEM queremos trasladar os nosos parabéns a AVEMPO polo seu 30 aniversario. Tres décadas de traballo, compromiso e acompañamento ás persoas con EM e ás súas familias merecen ser celebradas e recoñecidas.
A nosa entidade tivo a oportunidade de acompañar á Asociación viguesa nesta celebración tan especial, compartindo este momento coas persoas e entidades convidadas e amosando o noso apoio á súa traxectoria.
Ademais, agradecemos a presenza de ACEM Santiago, que tamén nos acompañou nesta ocasión. A participación conxunta en encontros como este contribúe a fortalecer os vínculos entre as entidades, fomentar a colaboración e seguir construíndo unha rede asociativa máis forte e cohesionada.
Dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple cremos que o traballo en rede, a cooperación e o apoio mutuo son fundamentais para avanzar na defensa dos dereitos das persoas con EM, mellorar a súa calidade de vida e dar resposta ás necesidades do colectivo.
Parabéns, AVEMPO, por estes 30 anos de historia! Que veñan moitos máis de compromiso, traballo compartido e defensa dos dereitos das persoas con EM.
