FEGADEM busca profesionais do Traballo Social ou a Educación Social en Santiago
FEGADEM abre un proceso de selección para incorporar unha persoa titulada en Traballo Social ou Educación Social, cun contrato dun ano e unha xornada laboral do 75 %, para colaborar na xestión de proxectos sociais e no desenvolvemento de actividades de sensibilización sobre a Esclerose Múltiple (EM), a discapacidade e as enfermidades neurodexenerativas.
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) publica unha oferta de emprego en Santiago de Compostela dirixida a persoas tituladas en Traballo Social ou Educación Social que queiran desenvolver a súa carreira profesional no ámbito social e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con EM.
A contratación está vinculada aos programas de Cooperación 2026 da Xunta de Galicia.
Requisitos para optar á oferta de emprego
Para participar no proceso de selección, búscase unha persoa que cumpra os seguintes requisitos:
- Formación: Grao en Traballo Social ou Educación Social.
- Lingua galega: nivel alto, tanto oral como escrito.
- Competencias dixitais: manexo de ferramentas informáticas básicas.
- Competencias persoais: capacidade de organización e planificación, iniciativa, compromiso e sensibilidade social.
Valorarase especialmente a formación complementaria no ámbito da discapacidade e das enfermidades neurodexenerativas, así como a experiencia na xestión de subvencións e proxectos, no ámbito social ou en convocatorias europeas.
Funcións do posto de traballo
A persoa seleccionada colaborará co equipo técnico de FEGADEM no desenvolvemento das seguintes tarefas:
- Apoio administrativo e na xestión de proxectos.
- Colaboración na xestión de subvencións.
- Planificación e impartición de charlas e sesións informativas relacionadas co ámbito de actuación da Federación.
- Coordinación co equipo técnico e coas entidades federadas.
- Seguimento e avaliación das actividades, así como elaboración de informes.
Trátase dunha oportunidade para desenvolver competencias profesionais nunha entidade do terceiro sector, participando en proxectos relacionados coa discapacidade, a sensibilización social e a defensa dos dereitos das persoas con EM.
Condicións laborais
As principais condicións da oferta de emprego son as seguintes:
- Lugar de traballo: sede de FEGADEM en Santiago de Compostela.
- Duración do contrato: 12 meses.
- Xornada laboral: parcial, correspondente ao 75 % da xornada, de luns a venres e principalmente en horario de mañá.
- Salario: segundo o convenio colectivo aplicable.
A incorporación está prevista para o 10 de decembro de 2026.
Como presentar a candidatura?
As persoas interesadas deberán enviar o seu currículo vitae ao enderezo electrónico:
gestion@esclerosismultiplegalicia.org
No asunto do correo deberá indicarse: «Oferta emprego Coopera+Nome e Apelidos».
Data límite para enviar as candidaturas: 13 de novembro de 2026.
Recomendamos consultar os termos de referencia completos para coñecer todos os detalles da oferta antes de presentar a candidatura.
