Colabora con FEGADEM
Coa túa colaboración, axudas a que FEGADEM mellore os servizos, os sosteña no tempo e siga mellorando a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple e as súas familias en Galicia.
Por que colaborar con FEGADEM?
Porque a túa achega axúdanos a seguir apoiando, informando e acompañando ás persoas con Esclerose Múltiple en Galicia e ás súas familias, a través do traballo en rede coas nosas entidades.
Máis apoio ás persoas con EM e ás familias
Unha sociedade máis informada e inclusiva
Un futuro con máis oportunidades
O impacto da túa colaboración
Máis servizos
Para as persoas con EM e as súas familias
Máis información
Para dar visibilidade e recursos ás persoas usuarias
Máis comunidade
Un movemento asociativo máis forte.
Máis futuro
Porque xuntas e xuntos chegamos máis lonxe
Persoas físicas
Cota anual
Por determinar
Que beneficios ten para ti?
Acceso a recursos
Utiliza os recursos de FEGADEM
Participación
Forma parte das nosas actividades
Información
Recibe información sobre a EM e a actividade de FEGADEM
Suxestións
Achega as túas suxerencias e propostas para seguir mellorando
Contribución social
Axuda a fortalecer o movemento asociativo e visibilizar a EM
Beneficios fiscais
A túa achega pode darte beneficios na declaración da renda
Que servizos podes utilizar?
Como persoa socia colaboradora tes dereito a acceder aos seguintes servizos de FEGADEM e aos que no futuro se poidan crear:
Asesoramento xurídico
Orientación ante cuestións legais relacionadas coa EM
Grupos de apoio online
Un espazo de intercambio e acompañamento entre persoas
Nutrición e dietética
Orientación e información sobre alimentación e hábitos saudables
Formacións e charlas
Actividades con profesionais sobre diversos aspectos da EM
O teu compromiso
Convertirse en persoa socia colaboradora de FEGADEM tamén implica ter un compromiso coa comunidade da que estás a formar parte:
- Compartir e respectar os fins de FEGADEM.
- Cumprir os nosos Estatutos.
- Abonar a cota establecida.
- Respectar as normas e condicións de uso dos servizos.
- Actuar con respecto ante ás persoas usuarias e profesionais da rede.
A túa achega tamén ten beneficios fiscais
FEGADEM é unha entidade declarada de utilidade pública, polo que as achegas realizadas poden dar dereito a deducións na declaración da renda, segundo a normativa vixente e as circunstancias da persoa.
As deducións fiscais están suxeitas aos requisitos, límites e condicións establecidos pola normativa tributaria vixente.
Empresas
Ti decides como colaborar
Calquera importe
Non existe unha cota fixa. Ti escolles.
Podes realizar a túa achega coa periodicidade que decidas.
Adaptamos a colaboración ás posibilidades da túa empresa.
O valor de colaborar
Cando a túa empresa colabora con FEGADEM, aportas un valor incalculable á sociedade:
- Compromiso social: contribúe á mellora da calidade de vida das persoas con EM e as súas familias.
- Impacto social: a túa achega apoia os servizos e programas de FEGADEM.
- Visibilidade: mostra o compromiso social da túa empresa cunha causa importante.
- Responsabilidade social: integra a colaboración social nos valores da túa empresa.
- Beneficios fiscais: as achegas poden dar dereito a deducións fiscais.
A túa achega tamén ten beneficios fiscais
FEGADEM é unha entidade declarada de utilidade pública, polo que as achegas realizadas poden dar dereito a deducións no Imposto de Sociedades, segundo a normativa vixente e as circunstancias da empresa.
As deducións fiscais están suxeitas aos requisitos, límites e condicións establecidos pola normativa tributaria vixente.
