En FEGADEM poñemos en marcha un novo Buzón de Ideas para seguir mellorando
En FEGADEM confiamos na participación como fonte de mellora e creación de iniciativas. Por iso mesmo puxemos en marcha un novo Buzón. Este é un espazo online para que calquera persoa poida compartir propostas, necesidades, suxerencias ou aspectos que poidamos mellorar.
Queremos que esta canle sexa una ferramenta sinxela para seguir construíndo unha entidade máis próxima, participativa e adaptada ás necesidades reais das persoas con Esclerose Múltiple (EM), a familia e a súa contorna.
Que podes compartir no Buzón de Ideas?
A través do formulario podes facernos chegar calquera aportación relacionada coa actividade da entidade, por exemplo:
- Propostas de charlas, talleres ou actividades.
- Ideas para novos servizos ou proxectos.
- Necesidades que detectaches.
- Suxerencias para mellorar a atención ou o funcionamento da entidade.
- Dificultades ou problemas que cres que deberiamos coñecer.
- Calquera outra aportación que contribúa a mellorar FEGADEM e o apoio que prestamos.
Todas as aportacións son benvidas e serán revisadas polo noso equipo.
Un espazo para participar de forma anónima
Sabemos que, ás veces, é máis fácil expresar unha opinión cando non é necesario identificarse. Por iso, o Buzón de Ideas permite realizar aportacións de forma anónima.
Se, non obstante, desexas que poidamos poñernos en contacto contigo para ampliar información ou responder á túa proposta, podes deixar voluntariamente os teus datos de contacto no formulario.
A túa participación axúdanos a mellorar
Escoitar á comunidade coa que traballamos é parte do noso proceso de mellora como Federación. Todas as necesidades, suxerencias ou propostas permítennos coñecer mellor a realidade coa que traballamos. Así poderemos orientar as actividades e servizos cara aquelo que realmente aporta valor.
Animámoste a empregar este novo espazo sempre que teñas algo que compartir ou queiras trasladarnos algunha necesidade.
Accede ao Buzón de Ideas
Xa podes enviar a túa proposta a través do noso Buzón.
Grazas por axudarnos a construír, entre todas, un FEGADEM máis participativo, próximo e comprometido.
