FEGADEM renova a colaboración con CaixaBank para apoiar ás persoas con Esclerose Múltiple
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) renova un ano máis a súa colaboración coa oficina de CaixaBank. É coa de Frei Rosendo Salvado, en Santiago de Compostela, coa que anualmente se asina unha doazón para seguir apoiando ás persoas con Esclerose Múltiple (EM) e ás súas familias.
Dende FEGADEM queremos agradecer a confianza e o compromiso de dita oficina de CaixaBank. Un ano máis realiza unha achega solidaria para contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple en Galicia.
Esta colaboración reforza o noso traballo en favor da inclusión social, a igualdade de oportunidades e a defensa dos dereitos das persoas con EM.
Unha colaboración para reforzar o traballo da Federación
A achega de CaixaBank contribúe a reforzar o traballo de FEGADEM e das súas entidades membro. Xuntas traballamos cada día para dar resposta ás necesidades das persoas con Esclerose Múltiple.
Dende FEGADEM agradecemos especialmente a implicación da directora da oficina, Amparo Rodríguez, e a confianza depositada no noso traballo.
A cooperación entre FEGADEM e CaixaBank permite seguir avanzando cara a unha Galicia máis xusta, accesible e inclusiva. Unha Galicia na que as persoas con Esclerose Múltiple poidan exercer os seus dereitos e participar plenamente na sociedade.
Dende FEGADEM reiteramos o noso agradecemento a CaixaBank polo seu apoio. Por contribuír, un ano máis, a dar continuidade ao noso compromiso coas persoas con EM e as súas familias.
Grazas por seguir camiñando ao noso lado.
