FEGADEM organiza o obradoiro online Aplicacións móbiles útiles para persoas con Esclerose Múltiple
O obradoiro Aplicacións móbiles útiles para persoas con Esclerose Múltiple levarase a cabo de forma online o próximo mércores 3 de abril ás 12:00. É necesario inscribirse.
Para as persoas que viven con Esclerose Múltiple, as actividades básicas diarias adquiren unha importancia vital no seu benestar físico e emocional. Manter rutinas regulares proporciona unha estrutura e estabilidade no seu día a día e axuda a xestionar os síntomas e reducir o impacto da enfermidade na súa calidade de vida. Ademais, elementos como ter unha alimentación equilibrada e saudable ou xestionar as emocións desempeñan un papel crucial no manexo dos síntomas e na promoción da saúde xeral.
Por todo isto, FEGADEM organiza este mércores 3 de abril ás 12:00 un obradoiro online sobre aplicacións para móbiles que poden ser útiles tanto para a vida diaria das persoas con Esclerose Múltiple como para os seus familiares.
É necesaria a inscrición previa no seguinte enlace ou no correo gestion@esclerosismultiplegalicia.org.
