Vídeo da charla ‘Cognición e Esclerose Múltiple’ coa doutora Yolanda Higueras
A neuropsicóloga clínica e investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria do Hospital Gregorio Marañón repasou as afectacións congnitivas da enfermidade.
Xa podes ver na nosa canle de Youtube a charla ‘Cognición e Esclerosis Múltiple’, impartida para a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) pola doutora Yolanda Higueras, neuropsicóloga clínica e investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria do Hospital Gregorio Marañón e Profesora Asociada do Departamento de Psicoloxía Experimental, Procesos Cognitivos e Logopedia da Facultade de Psicoloxía da Universidad Complutense de Madrid.
Podes atopar a charla na seguinte ligazón: https://youtu.be/L6xnIZWwg3w
