100 km para visibilizar a Esclerose Múltiple
A marinense Raquel Carragal correu pola comarca do Barbanza para visibilizar a EM e apoiar o labor das asociacións de pacientes galegas.
A pasada fin de semana, os días 25 e 26 de xuño, a marinense Raquel Carragal levou a cabo un reto solidario para visibilizar a Esclerose Múltiple e apoiar ás persoas que conviven coa coñecida como ‘enfermidade das mil caras’.
Concretamente, esta readaptadora de lesións de Marín correu 100 quilómetros pola comarca do Barbanza, con +3000 metros visibilizando a Esclerose Múltiple e apoiando ás asociacións de pacientes que axudan ás persoas afectadas pola enfermidade na comunidade galega.
Desde FEGADEM queremos transmitir o noso agradecemento por esta iniciativa solidaria desinteresada, que axuda a visibilizar a enfermidade. Moitas grazas, Raquel!
