Servizos
En FEGADEM contamos cunha serie de servizos que prestamos dende a propia Federación. Se precisas algún servizo que non se recolla aquí, por favor, contacte connosco e derivarémoste á asociación que mellor se adapte á túa situación.
Información, Orientación e Asesoramento
En FEGADEM ofrecemos apoio especializado ás persoas con Esclerose Múltiple (EM), ás súas familias e ás entidades membro. O noso obxectivo é garantir información fiable, orientación práctica e asesoramento para afrontar os retos da enfermidade.
Servizo xurídico
En FEGADEM poñemos á disposición das persoas socias das nosas entidades un servizo de asesoramento xurídico, en colaboración coa Asesoría Xurídica FISELA (Grupo FSL). O obxectivo é ofrecer apoio legal en cuestións relacionadas coa discapacidade, dereitos sociais e procesos administrativos ou xudiciais.
Sensibilización e Comunicación
En FEGADEM entendemos a comunicación como unha ferramenta para visibilizar a EM, sensibilizar á sociedade e fortalecer o tecido asociativo. A través deste servizo apoiamos ás entidades membro e ás persoas con EM e familias, ofrecendo información veraz, recursos accesibles e espazos de participación.
Apoio ás entidades
En FEGADEM sabemos que o asociacionismo é moi importante para afrontar a vida con Esclerose Múltiple (EM). Un dos nosos servizos é o de apoio ás entidades membro, acompañándoas e reforzando o seu traballo para que poidan seguir mellorando a calidade de vida das persoas con EM e das súas familias.
