Saltar ao contido
FEGADEM
  • FEGADEMAmpliar
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)Ampliar
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • InfórmateAmpliar
    • Novas
    • Axenda
    • BoletínAmpliar
      • Boletín
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • ServizosAmpliar
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • TransparenciaAmpliar
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Facebook X Instagram YouTube
FEGADEM

Glosario de termos

Coñecer a Esclerose Múltiple significa dominar unha serie de termos específicos sobre a enfermidade e a súa evolución. Para a persoa recén diagnosticada non é sinxelo adaptarse a este vocabulario, polo que aquí se recollen algunhas destas palabras e expresións.

A

Actividade en resonancia magnética

Son áreas de inflamación e/ou dano no sistema nervioso central que os/as profesionais sanitarias detectan nunha resonancia magnética (RM). Véxase Resonancia Magnética (RM).

Adherencia

A adherencia a un tratamento refírese ao grao no que unha persoa segue correctamente as indicacións médicas prescritas: tomar a medicación na dose, horario e duración indicadas, cumprir as recomendacións adicionais (alimentación, exercicios, controis médicos…). É manter o compromiso e a constancia en cumprir o tratamento.

Anticorpo

Os anticorpos son proteínas producidas polo sistema inmunitario que recoñecen e únense a substancias estrañas ou antíxenos (virus, bacterias…) para neutralizalas e marcalas para que o organismo poida eliminalas. É unha defensa natural do corpo para o que identifica como ameazas. Cada anticorpo está deseñado para actuar ante un tipo específico de antíxeno. Véxase Inmunitario e Células B e T.

Ataxia

Falta de coordinación nos movementos voluntarios do corpo, mantendo a forza muscular.

Autoinmune

Unha enfermidade autoinmune prodúcese cando o sistema inmunitario confunde células do corpo con algo danino e produce autoanticorpos. Isto provoca que o organismo se defenda de si mesmo crendo que algo normal é perigoso. Véxase Inmunitario e Células B e T.

Axón

Proxección longa dunha célula nerviosa ou unha neurona a través da que viaxan as sinais nerviosas dende o corpo celular a outras células. Véxase Neurona.

B

Bandas oligoclonais

As bandas oligoclonais son fraccións de inmunoglobulinas (anticorpos) producidas dentro do sistema nervioso central. A súa presenza indica unha alteración do sistema inmunitario e case sempre aparecen en persoas con Esclerose Múltiple. Detéctanse no líquido cefalorraquídeo e a médula espiñal e indican que se están a producir anticorpos de forma anómala. Véxase Anticorpos.

Biomarcador

Os biomarcadores son substancias ou medidas que se empregan como indicadores dun estado biolóxico, da presenza dunha enfermidade, da súa evolución ou da eficacia dun tratamento. Na Esclerose Múltiple, algúns destes son as bandas oligoclonais, os neurofilamentos lixeiros en sangue (NfL), as lesións visibles mediante resonancia magnética (RM)… Véxase Bandas oligoclonais e Resonancia magnética (RM).

Brote

Evento durante o cal empeoran os síntomas da Esclerose Múltiple ou aparecen novos, seguido dunha remisión, despois da cal os síntomas adoitan mellorar. Estas recaídas están asociadas ao proceso agudo. Véxase Proceso agudo. 

C

Cefalorraquídeo

O líquido cefalorraquídeo é un líquido transparente que arrodea e protexe o cerebro e a médula espiñal. Atópase dentro dos ventrículos cerebrais e da canle da médula espiñal, cun volume normal de 100-150 ml.

Células B e T

Son uns tipos de linfocitos (células inmunitarias) que se orixinan na médula ósea e se atopan no torrente sanguíneo. As células B producen anticorpos para neutralizar patóxenos. As células T destrúen células infesctadas por virus ou cancerosas e coordinan a resposta inmune. Na Esclerose Múltiple, estas células poden activarse e entrar no cerebro, causando danos na mielina. Isto provoca brotes e lesións visibles na resonancia magnética. Teñen un papel esencial nos procesos agudos. Véxase Anticorpos, Mielina, Brote.

Cerebelo

Parte do cerebro situada debaixo do tronco cerebral que controla o equilibro e a coordinación de movementos.

Corticoides

Os corticoides son hormonas que normalmente produce o noso propio organismo nas glándulas suprarrenais (encima dos riñóns), chamadas corticoides endóxenos. Ademais, pódense sintetizar artificialmente, chamados corticoides exóxenos, que se empregan como medicamentos polas súas propiedades antiinflamatorias (diminúen a inflamación) e inmunosupresoras (diminúen a actividade do sistema de defensa do corpo). Véxase Inflamación.

D

Desmielinización

Dano ou perda da mielina, que é a capa protectora que arrodea as fibras nerviosas. Sen esta protección, os nervios non transmiten ben os impulsos, o que pode causar problemas de movemento, sensibilidade ou coordinación. Véxase Mielina.

Disfasia

Trastorno da linguaxe. Perda da capacidade de producir ou comprender a linguaxe. É unha forma leve de afasia.

Disfaxia

Dificultade ou imposibilidade de tragar. Pode ocorrer por problemas nos músculos ou nervios que controlan a deglución. Aumenta o risco de atragantamento.

Disfunción vesical

Alteración do funcionamento normal da vexiga, normalmente en forma de hiperreactividade, que aparece habitualmente en persoas con EM.

E

Enzima

É un tipo de proteína que acelera unha reacción química no organismo. Por exemplo, unha enzima pode activar as células B e a microglía. Son proteínas esenciais para todo tipo de procesos no corpo, como a dixestión ou a coagulación sanguínea. Son altamente específicas, o que quere dicir que cada enzima é válida só para un tipo de substrato, xa que a súa forma só encaixa cun tipo de produtos concretos. Algúns exemplos de enzimas son a amilasa, lactasa, lipasa… Véxase Células B e T, Microglía.

Esclerose

Endurecemento ou engrosamento patolóxico dun tecido ou órgano debido á acumulación de tecido fibroso ou cambios patolóxicos.

Espasticidade

A espasticidade é un dos síntomas máis frecuentes da EM. Defínese como un agarrotamento ou rixidez muscular habitual, que pode ser xeneralizada e continua, e que a miúdo acompáñase de espasmos musculares involuntarios. Todo isto pode provocar unha perda progresiva da función muscular. Véxase Estimulación Eléctrica Funcional.

Estimulación Eléctrica Funcional

Estímulo eléctrico que se aplica nos músculos para facilitar o control voluntario do movemento e reducir temporalmente a espasticidade. Emprégase en persoas con lesións medulares, parálise cerebral, dano cerebral ou enfermidades neurodexenerativas que afectan ás neuronas motoras. Véxase Espasticidade.

F

Fatiga

É un dos síntomas máis comúns da EM. Trátase do cansancio elevado ou unha molestia ocasionada por un esforzo máis ou menos prolongado ou por outras causas, e que en ocasións produce alteracións físicas.

Fenómeno de Uhthoff

Aumento dos síntomas neurolóxicos que se produce co aumento da temperatura corporal (síntoma moi frecuente na EM).

Fisioterapia

Método terapéutico baseado no emprego científico de axentes naturais; auga, reposo, movemento, ximnasia, elasticidade, calor, luz, etc.

I

Incidencia

É o número de casos novos dunha enfermidade nunha poboación durante un período determinado. É un termo empregado en epidemioloxía. Véxase Prevalencia.

Inflamación

É a resposta do sistema inmunitario dun tecido fronte a axentes daninos. Caracterízase pola mobilización de glóbulos brancos e anticorpos, hinchazón e acumulación de líquidos. Véxase Anticorpos.

Inhibidores da BTK

Medicamentos que bloquean a actividade da Tirosina Quinasa de Bruton (BTK), unha enzima que activa as células B e a microglía e que pode causar danos en persoas con EM. Véxase Tirosina Quinasa de Bruton (BTK), Células B e T, Microglía.

Inmunitario

Relacionado co sistema inmunitario, que é o conxunto de estruturas, células e procesos do organismo que o protexen contra enfermidades, identificando e eliminando células estrañas (virus, bacterias, células doutros organismos…) e células cancerosas. 

Inmunoglobina

Proteína producida polas células do sistema inmunitario para defender ao organismo contra elementos estraños, como virus, bacterias ou toxinas. Tamén coñécese como anticorpo. Véxase Anticorpo.

Interferón Beta

É unha proteína (citocina) que o corpo produce normalmente durante infeccións virais. Na Esclerose Múltiple, os medicamentos baseados no interferón beta (como Betaferon®, Avonex® ou Rebif®) reducen a frecuencia de brotes, diminúen novas lesións nerviosas e enlentecen a progresión dos síntomas. Adminístranse mediante inxección no músculo ou a pel, cunha frecuencia que varía segundo o preparado, dende cada dous días ata unha vez por semana.

M

Microglías

As microglías son un tipo de células inmunitarias que só se atopan no cerebro e a médula espiñal e conforman o 10% da poboación celular do sistema nervioso central. Protexen ao cerebro de infeccións e danos mediante a fagocitose (inxestión) de células mortas, patóxenos e restos celulares. Na Esclerose Múltiple, a microglía activada pode danas de forma gradual a mielina e as células do cerebro. Teñen un papel clave na progresión crónica e na progresión da discapacidade. Ademais, están asociadas á neuroinflamación e á dor crónica. Véxase Inflamación, Mielina, Inmunitario.

Mielina

É unha capa illante formada por proteínas e graxas que arrodea os nervios, no cerebro e a médula espiñal. A súa función é permitir que os impulsos nerviosos se transmitan rapida e eficientemente. Cando a mielina se dana, os impulsos retrásanse, o que pode causar enfermidades como a Esclerose Múltiple.

N

Neuritis óptica

É a inflamación dun dos nervios do ollo. Adoita causar dor, visión borrosa ou perda de visión no ollo afectado. A miúdo é o primeiro síntoma da Esclerose Múltiple e normalmente a visión recupérase soa nunhas 8-10 semanas. Véxase Inflamación.

Neurona

É unha célula do sistema nervioso especializada en recibir, procesar e transmitir información mediante impulsos eléctricos ao resto do corpo. Véxase Sistema Nervioso Central, Axón.

P

Pé caído

O pé pendular ou pé caído é un trastorno neuromuscular que impide levantar o pé correctamente á altura do nocello. Caracterízase por ter dificultade para apuntar os dedos cara o corpo (dorsiflexión) e mover o pé cara adentro ou fóra, ás veces acompañado de dor, debilidade ou entumecemento. Ao camiñar, o pe parece blando e arrástrase, o que obriga a levantar a perna máis do normal, producindo a chamada “marcha en paso de cao” ou “marcha de estepaje“.

Placebo

É unha substancia sen efecto curativo real e farmacoloxicamente inerte que se emprega como control en estudos clínicos. Aínda así, pode producir un efecto terapéutico se a persoa cre que está a tomar un medicamento eficaz.

Potenciais evocados

É unha proba que avalía a función dos sistemas sensoriais (visuais, auditivos, sensoriais…) medindo a resposta do nervio ou do cerebro fronte a un estímulo.

Prevalencia

É a proporción de persoas nun grupo ou poboación que presentan unha característica ou enfermidade nun momento ou período determinado. É un termo usado en epidemioloxía. Véxase Incidencia.

Proceso agudo

O proceso agudo na Esclerose Múltiple é o proceso que causa danos rapidamente e provoca recaídas e actividade na resonancia magnética. Véxase Resonancia magnética (RM).

Progresión crónica

Proceso que só ten lugar no cerebro e que se desenvolve progresivamente dende o inicio da EM. Este proceso causa danos lentamente que provocan a progresión da discapacidade. Este proceso iníciase antes de que aparezan os primeiros síntomas e fai que a discapacidade aumente lentamente co tempo. Tamén se coñece como inflamación compartimentada, proceso crónico progresivo, EM latente ou neuroinflamación latente. Véxase Progresión da discapacidade, Inflamación.

Progresión da discapacidade

Aumento gradual ou empeoramento dos síntomas físicos, cognitivos e/ou de fatiga co paso do tempo. Véxase Fatiga. 

R

Remisión

É o estado no que a persoa non presenta síntomas nin signos da enfermidade. É o obxectivo ideal dos tratamentos.

Resonancia magnética (RM)

É un exame por imaxe que utiliza imaxes e ondas de radio potentes para crear imaxes detalladas do corpo, sen usar radiación (raios X). Permite ver a actividade da EM no corpo: lesións, inflamación ou outras alteracións en órganos como o cerebro, a médula espiñal ou as articulacións.

S

Sistema Nervioso Central (SNC)

É o sistema formado polo cerebro e a médula espiñal. Encárgase de gobernar as funcións do corpo, captando estímulos externos mediante receptores, transformándoos en impulsos eléctricos que chegan ao SNC, que despois elabora unha resposta enviada aos músculos, órganos e tecidos correspondentes a través dos nervios. Véxase Neuronas, Axóns, Mielina.

T

Tirosina Quinasa de Bruton (BTK)

É un tipo de enzima esencial para o desenvolvemento dos linfocitos B (células B). Activa as células B e a microglía. En persoas con EM, esta activación pode provocar danos. Recentes investigacións están empregando estas BTK para tratar diversos tipos de cancro de células B ou enfermidades autoinmunes como a EM, non tendo que eliminar así por completo as células B e desenvolvendo tratamentos menos agresivos. Véxase Enzimas, Células B e T, Microglía.

Tomografía de coherencia óptica

É unha técnica de imaxe que utiliza luz para obter cortes detallados de tecidos de 2-3 mm de grosor. Emprégase principalmente en oftalmoloxía para analizar a retina e o nervio óptico, pero tamén ten aplicacións fóra da medicina, como na conservación e estudo de obras de arte.

Facebook X Instagram YouTube

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

Contacto:

Centro Cadoiro, oficina B04 - Rúa República Checa, 52, 15707, Santiago de Compostela

gestion@esclerosismultiplegalicia.org

604 050 773

© 2025 FEGADEM - Tema para WordPress por Kadence WP

Hosting patrocinado por

FEGADEM
Xestionar consentimento

Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento permítenos procesar datos como o comportamento de navegación. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións.

Funcionais Activo sempre
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o uso lexítimo dun servizo solicitado polo usuario, ou para a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou acceso que se emprega exclusivamente con fins estatísticos. O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada con este propósito soamente non se pode usar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de márketing semellantes.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}
  • FEGADEM
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • Infórmate
    • Novas
    • Axenda
    • Boletín
      • Boletín
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • Servizos
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • Transparencia
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Buscar