Saltar ao contido
FEGADEM
  • FEGADEMAmpliar
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)Ampliar
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • InfórmateAmpliar
    • Novas
    • Axenda
    • BoletínAmpliar
      • Boletín
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • ServizosAmpliar
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • TransparenciaAmpliar
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Facebook X Instagram YouTube
FEGADEM

Como federarse

Se es unha asociación que traballa no ámbito da EM e outras enfermidades neurodexenerativas, quizais poidas formar parte de FEGADEM. Consulta os requisitos, dereitos, obrigas e o procedemento para federarse.

Para poder ser membro de FEGADEM deberás cumplir os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituída e inscrita no Rexistro de Asociacións competente.
  • Non ter débedas pendentes coa Federación.
  • A patoloxía principal que representa é a Esclerose Múltiple e outras enfermidades neurodexenerativas.
  • Compartir a finalidade e os fins da Federación.

Dereitos

  • Participar nas Asembleas con voz e voto.
  • Expresar opinións, suxestións e críticas á Xunta Directiva.
  • Participar nas actividades da Federación.
  • Recibir información sobre as contas, as actividades e os Órganos de Goberno e Representación.
  • Presentarse a cargos da Xunta Directiva.
  • Desfrutar dos bens e servizos da Federación segundo o regulamento interno.
Dereitos

Obrigas

  • Compartir a finalidade e os fins da Federación e colaborar para a súa consecución.
  • Participar nas actividades da Federación e asistir ás reunións convocadas.
  • Comunicar á Federación situacións que atenten contra a dignidade das persoas con Esclerose Múltiple.
  • Abonar as cotas correspondentes.
  • Desempeñar os cargos de Xunta Directiva para os que foron elixidos ou elixidas.
  • Presentar nos 3 primeiros meses de ano a Memoria de Actividades, o Balance Económico e a Conta de Resultados, así como o certificado co número de persoas socias e as súas condicións.
  • Non danar a imaxe da Federación.
Obrigas

Procedemento para federarse

O procedemento de admisión está regulado no Regulamento de Réxime Interno (RRI) da Federación, polo que podes consultalo para coñecelo detalladamente.

O proceso de federación é voluntario e está aberto todo o ano.

Requisitos básicos da entidade solicitante

A asociación que quere federarse debe:

    • Ter capacidade xurídica plena.

    • Non ter impedimentos legais.

    • Contar con estatutos propios, órgano de goberno democrático e persoas socias debidamente afiliadas.

    • Ter como fin principal a atención, apoio, investigación, promoción, rehabilitación integral, difusión e defensa das persoas con EM e outras enfermidades neurodexenerativas.

Solicitude formal

Serán as entidades interesadas en formar parte da Federación as que, voluntariamente, iniciarán o procedemento de admisión.

Enviarase un escrito á Xunta Directiva de FEGADEM, asinado e selado, que inclúa:

  • Datos da entidade (nome, CIF, domicilio fiscal e/ou social, teléfono ou medio de contacto).
  • Nome e DNI da persoa representante legal. 
  • O motivo da solicitude.
  • Lugar e data de emisión do escrito.

Documentación necesaria

Co escrito, achegarase a seguinte documentación:

a) Copia do CIF da entidade solicitante.
b) Copia da Acta fundacional da entidade solicitante.
c) Copia dos estatutos e da resolución legal que os aprobe.

d) Memoria das actividades do último ano e Programa de actividades do ano en curso.

e) Balance económico do ano anterior e Orzamentos Xerais de Ingresos e Gastos do ano actual.

f) Certificado asinado pola Secretaría da entidade co visto bo da Presidencia, que conteña:

  • Composición do órgano executivo e/ou directivo.
  • Número de persoas socias.
  • Acordo de Asamblea no que se manifeste que queren integrarse en FEGADEM.

A Xunta Directiva poderá solicitar a ampliación da documentación que considere necesaria.

Podes enviar todos os documentos requiridos e calquera dúbida contactando con FEGADEM.

Envía a túa solicitude
Facebook X Instagram YouTube

Aviso Legal | Política de Privacidade | Política de Cookies

Contacto:

Centro Cadoiro, oficina B04 - Rúa República Checa, 52, 15707, Santiago de Compostela

gestion@esclerosismultiplegalicia.org

604 050 773

© 2025 FEGADEM - Tema para WordPress por Kadence WP

Hosting patrocinado por

FEGADEM
Xestionar consentimento

Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento permítenos procesar datos como o comportamento de navegación. Non dar ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas funcións.

Funcionais Activo sempre
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o uso lexítimo dun servizo solicitado polo usuario, ou para a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou acceso que se emprega exclusivamente con fins estatísticos. O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación, o cumprimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de internet ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada con este propósito soamente non se pode usar para identificarte.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nunha web ou en varias webs con fins de márketing semellantes.
Manage options Manage services Manage {vendor_count} vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}
  • FEGADEM
    • Quen somos
    • Entidades socias
    • Estrutura de FEGADEM
    • Como federarse
  • Esclerose Múltiple (EM)
    • Que é a EM
    • EM en cifras
    • Glosario de termos
    • Preguntas frecuentes
  • Infórmate
    • Novas
    • Axenda
    • Boletín
      • Boletín
      • Boletín EMprego
    • Guías e documentos
    • Enlaces de interese
  • Servizos
    • Información, Orientación e Asesoramento
    • Servizo Xurídico
    • Sensibilización e Comunicación
    • Apoio ás entidades
  • Transparencia
    • Estatutos
    • Plan estratéxico
    • Memorias de Actividades
    • Contas Anuais
    • Regulamento de Réxime Interno
  • Contacto
Buscar