FEGADEM colabora co Concello de Santa Comba na súa Semana da Saúde
O domingo 12 de abril, a Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) estará na Casa da Cultura do Concello de Santa Comba, ás 11:00 horas, para falar sobre a alimentación antiinflamatoria, a nutrición para previr enfermidades e a importancia desta na Esclerose Múltiple (EM).
Esta actividade enmárcase dentro da Semana da Saúde organizada polo Concello de Santa Comba baixo o lema Coidarse hoxe é gañar saúde mañá, unha iniciativa orientada a proporcionar ferramentas prácticas á cidadanía para mellorar os seus hábitos de vida e fomentar o autocoidado.
Un programa centrado no benestar integral
A Semana da Saúde presenta un programa que aborda distintas dimensións do benestar físico, mental e social, cun enfoque divulgativo e práctico:
- Coñecendo o solo pelviano
Venres, 10 de abril
No Ximnasio de Santa Comba | 18:00 – 19:30 h
Con Vanesa Pérez - Psicoloxía e saúde mental
Sábados, 11 e 18 de abril
Casa da Cultura de Santa Comba | 11:00 – 12:00 h
Con Daniel Pérez - Benestar familiar: Musicoterapia en familia
Sábado, 11 de abril
Casa do Pozo en Santa Comba | 17:00 – 18:30 h
Con Damián Cairo - Alimentación antiinflamatoria
Domingo, 12 de abril
Casa da Cultura de Santa Comba | 11:00 – 12:00 h
Con Yasmina Domínguez, persoal do departamento de nutrición de FEGADEM.
Alimentación e Esclerose Múltiple
A alimentación é un dos piares da saúde, especialmente en enfermidades crónicas como a EM. A participación de FEGADEM aporta unha dimensión máis ampla a estas sesións e abordaranse cuestións como:
- O papel da nutrición na prevención de enfermidades.
- Estratexias de alimentación antiinflamatoria.
- Recomendacións prácticas adaptadas ao día a día.
- A relación entre hábitos alimentarios e evolución da EM.
A participación nestas xornadas responde ao obxectivo de FEGADEM e ao seu compromiso coa divulgación de información rigorosa e científica sobre a EM, así como a sensibilización sobre esta enfermidade. Buscamos, dese modo, contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con EM e da sociedade en xeral.
Para coñecer a importancia da alimentación na Esclerose Múltiple, recursos e información útil sobre esta, podes consultar o noso apartado da web Nutrición.
Información do evento
- Localización: Concello de Santa Comba (Casa da Cultura)
- Data: 12 de abril
- Actividade: Alimentación antiinflamatoria
- Hora: 11:00 h
A participación está aberta á cidadanía ata completar aforo. Para apuntarte, contacta co Concello e envía un WhatsApp ao 682 764 257.

