En FEGADEM temos un novo servizo de asesoría xurídica para persoas socias das entidades
Este servizo está dirixido ás persoas que están asociadas a algunha das nosas entidades membro e administrámolo coa colaboración da Asesoría Xurídica FISELA. Contacta con FEGADEM para coñecer os requisitos do servizo.
En FEGADEM poñemos en marcha un novo servizo de asesoría xurídica dirixido ás persoas asociadas ás entidades membro da Federación.
Tes unha cuestión legal e non sabes por onde comezar?
Sabemos que, en moitas ocasións, aparecen dúbidas legais relacionadas coa discapacidade, o acceso a recursos, dereitos sociais, vivenda, traballo ou procesos xudiciais. Por iso, dende FEGADEM ofrecemos este servizo para acompañarte e orientarte.
Que ofrece o servizo xurídico de FEGADEM?
- Problemas coa solicitude da discapacidade ou a incapacidade.
- Contestación a requerimentos.
- Presentación de reclamacións.
- Asesoramento e consultas.
- Demandas xudiciais e asistencia a xuízo.
A quen vai dirixido?
Este servizo está dirixido exclusivamente ás persoas asociadas a algunha das entidades membro da Federación (ACEM Santiago, ACEM Coruña, ALUCEM, AVEMPO ou AODEMPER). Se aínda non formas parte dalgunha destas entidades, podes contactar para descubrir como facelo.
En colaboración con Fisela
O servizo préstase coa colaboración da Asesoría Xurídica Fisela – Grupo FSL, un equipo especializado con ampla experiencia en dereitos sociais e discapacidade.
A atención poderá ser:
- Presencial en Santiago.
- Telefónica.
- Online.
Como podo acceder ao servizo?
Podes contactar coa túa asociación ou con FEGADEM para coñecer os requisitos e condicións para acceder a este servizo. Estaremos encantadas de informarte e acompañarte no proceso.
